InicioCAMBRECambre e as súas parroquias volven convertirse en lezo para o VI...

Cambre e as súas parroquias volven convertirse en lezo para o VI Cromático Mural Fest

Publicada o

Por editor

Cambre volverá ser fonte de inspiración e lenzo para os catro artistas que participarán na vindeira edición do Cromático Mural Fesf. Este festival festival que levou a Cambre ao meirande escaparate mundial de arte urbana con dous murais entre os 10 mellores do mundo, cunha repercusión internacional que obriga ao Concello a seguir apostando pola arte urbana.

A edición de 2022 incorporou unha novidade importante: a inclusión das parroquias na ecuación. Ante a boa acollida, o Concello decidiu redobrar o seu compromiso, dispersando esta disciplina artística tanto no medio urbano como no rural. En total, serán catro as paredes e tamén se pintará un mural colaborativo na Barcala. A localización dos muros será a seguinte:

· Camiño Cambre – O Temple nº. 3: o artista chinés, Satr, será o encargado de poñer cor a este muro.

· Casa do Pobo de Meixigo: o catalán, Tope Skinwalls, realizará unha auténtica tatuaxe que ocupará toda a fachada exterior do local.

· Paseo dos Templarios núm. 10: a galega, Lidia Cao, realizará un traballo no que a protagonista será unha das figuras máis importantes da historia de Cambre, María Pita.

· Praza de Castrobo nº. 6 (Sigrás): Ricardo Romero, natural de Portugal, realizará os traballos nesta parroquia.

Programa completo

O programa deste ano incluirá diversas actividades formativas. Por unha banda, haberá unha masterclass de muralismo xeométrico a cargo de Spogo (entre o 24 e o 26 de xullo na urbanización da Barcala).
Por outra, Viviana Luccisano impartirá un obradoiro de iniciación á arte urbana na Casa Arrigada. Esta proposta tamén terá lugar entre os días 24 e 26 de xullo.

Na oferta tamén destaca o mural colaborativo. Nesta edición, a obra quedará reflectida en A Barcala e estará coordinada polo autor Spogo. A iniciativa, que se desenvolverá entre o 27 e o 29 de xullo, está aberta a toda a cidadanía, que pode sumarse deixando a súa pegada artística.

A Festa do Mural Cromático concluirá o venres 28 de xullo cunha visita guiada aos murais (19.00 horas).

 

As persoas interesadas en apuntarse a algunha destas actividades poden facelo a través da páxina web omix.cambre.es.

ÚLTIMAS

Última recta para a necesaria licitación do novo convenio da Planta de Nostián

Coa concesión caducada dende 2019, a Planta de Nostián segue operando agravando unha  problemática...

O profesorado conmemora unha marcha fúnebre polo ensino público na súa primeira xornada de folga

Con menos incidencia da que debería entre as familias (si que conta co apoio...

Localizan o corpo sen vida dun home de 66 anos que desapareceu cando pescaba na zona das Esclavas

O corpo sen vida dun home de 66 anos que desapareceu na Coruña cando...

(Vídeo) Retiran unha balea de 30 toneladas que apareceu morta na costa da Coruña

Efectivos participaron este martes nun operativo para a retirada do mar dunha balea de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here