InicioSOCIEDADEO CHUAC usa con éxito por primeira vez en Galicia cirurxía robótica...

O CHUAC usa con éxito por primeira vez en Galicia cirurxía robótica nun menor

Publicada o

Por europapress

O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) usou por primeira vez en Galicia a cirurxía robótica nun menor con malformación de condutos biliares.

En concreto, o pasado mes de xuño, un equipo multidisciplinar, formado por profesionais dos servizos de cirurxía xeral e dixestiva e cirurxía pediátrica, utilizaron o robot DaVinci para corrixir unha malformación dos condutos biliares a un menor de 10 anos.

O paciente sufría unha malformación conxénita dos condutos biliares e, ante o risco de malignización, a opción terapéutica aconsellable era a extirpación e posterior reconstrución destes.

Actualmente, segundo informa o hospital coruñés, o paciente atópase dado de alta no seu domicilio e a súa evolución é moi satisfactoria.

Sobre este tipo de intervención, explica que “a abordaxe habitual desta patoloxía é mediante cirurxía convencional, aínda que en centros avanzados en cirurxía minimamente invasiva, os resultados obtidos mediante a abordaxe laparoscópica é igual de satisfactoria e cunha recuperación máis rápida”.

E é que, apunta, “o sistema cirúrxico DaVinci permite realizar estes procedementos con maior precisión e control xa que proporciona un sistema de visualización 3D de alta definición, con gran ampliación e detalle do campo cirúrxico”. “O cirurxián controla os brazos do robot desde unha consola, que traduce os movementos das súas mans en movementos precisos e escalados”, indica.

ÚLTIMAS

O Festival Noroeste por fin ten Cartel

A 4 días do comezo, e a través dun comunicado, o Concello da Coruña...

Caión convértese no “porto das esencias do idioma” na área metropolitana da Coruña

Segundo un estudo realizado polo catedrático Elisardo López Varela, en Caión rexístrase a...

Baiuca invocou as bruxas de María Pita

Unha hora antes, Rosa Cedrón saudaba dende o balón do pazo para dar o...

Lucía Aldao abriu a Feira do Libro cun pregón lúcido e combativo

A Feira do Libro da Coruña xa está en marcha. Este mediodía tivo lugar...