InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOBetanzos volve restrinxir o consumo de auga tralas analíticas de Augas

Betanzos volve restrinxir o consumo de auga tralas analíticas de Augas

Publicada o

Por europapress

Xa avisou o venres, e este sábado o Concello de Betanzos decretou, apenas un mes despois de levantala, a restrición do uso de auga de abastecemento municipal. Faino despois da notificación realizada este mesmo sábado pola Consellería de Sanidade, na que se cualifica a auga como ‘Non apta para consumo’, tras os resultados da analíticas da auga feitas o pasado día 20 pola empresa concesionaria.

Nun comunicado, o consistorio municipal explicou que toma esta decisión tras a reunión de urxencia mantida durante a tarde deste sábado entre o Concello, a empresa concesionaria e a Consellería.

Con ela, sinalou, búscase evitar episodios de gastroentiritis como o do mes pasado. Con todo, asegurou que ata o momento non se produciu un aumento de casos de gastroentiritis por encima dos habituais.

O Concello xa puxo en marcha un protocolo de medidas operativas para garantir a subministración de auga con cisternas que estarán nos seguintes puntos: Praza García Irmáns, Bellavista e Carregal. Ademais, incorporarase repartición de garrafas a maiores que viven sós, veciños con problemas de mobilidade e familias en situación de vulnerabilidade.

Así mesmo, detallou que si se pode empregar a auga para hixiene persoal (lavado de mans e ducha) e para uso doméstico de limpeza, pero non para beber, lavar alimentos nin para hixiene bucodental.

INSPECCIÓN

A alcaldesa, María Barral, pediu nas últimas horas a Augas de Galicia unha inspección urxente e “palmo a palmo” do río Mendo, augas arriba da captación que ten Betanzos, para coñecer exactamente o punto no que se produce a vertedura de norovirus.

Así mesmo, Barral pediu a Augas de Galicia este esforzo como “responsable” de eliminar e vixiar as verteduras nos ríos. “Betanzos non pode vivir permanentemente pendente desta situación que está a afectando a todo o municipio”, manifestou.

As restricións manteranse ata que a situación mellore e os parámetros de auga sexan propicios para o seu consumo, segundo indique Sanidade. A próxima reunión de seguimento será o mércores para analizar a situación, sobre levantar as restricións ou non.

ÚLTIMAS

Aparece o mosquito tigre tamén na Coruña, sumándose a Pontevedra

A Xunta informou de que durante este 2026 confirmouse a presenza de mosquito tigre...

A Xustiza condena a 20 anos de cárcere aos dous acusados polos asasinato de Yoel Quispe

A Audiencia Provincial da Coruña, de conformidade co veredicto de culpabilidade do Tribunal do...

O Concello avanza os trámites necesarios para o reparcelamento do antigo Cuartel de Automóbiles

O Concello da Coruña avanzou cos trámites necesarios para concretar o reparcelamento do antigo...

Ecos do Sur dá un paso á fronte na problemática da vivenda: “É fundamental acompañar aos máis vulnerables no proceso de adquisición dunha vivenda”

“Levamos 35 anos traballando con persoas en situación de vulnerabilidade”, afirmaba Ana Ulloa, a...