InicioA CORUÑAO Concello avanza os trámites necesarios para o reparcelamento do antigo Cuartel...

O Concello avanza os trámites necesarios para o reparcelamento do antigo Cuartel de Automóbiles

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña avanzou cos trámites necesarios para concretar o reparcelamento do antigo Cuartel de Automóbiles da Grela, un solar que pertence ao Ministerio de Defensa e onde está previsto efectuar unha repartición dos terreos que lle permitiría ao Concello dispor do espazo necesario para acoller novos equipamentos públicos. O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, e portavoz do goberno local, José Manuel Lage, informou este mércores da aprobación inicial do proxecto de reparcelamento, que chega a este punto tras varios meses de traballo e con todos os informes técnicos favorables.

Lage lembrou que esta parcela, lindeira á estrada de Baños de Arteixo, leva sen uso moitos anos. Tal e como indicou o edil en rolda de prensa, o obxectivo do Goberno de Inés Rey é obter parte do solar para urbanizalo “porque entendemos que, pola súa localización, pode ser un enclave de grande utilidade para albergar dependencias que faciliten a loxística do transporte urbano con vistas ao novo contrato que imos licitar proximamente”.

Tamén en materia de infraestruturas, a Xunta de Goberno Local deu luz verde á licitación dos traballos para renovar as áreas biosaudables existentes nos parques de Oza, a Sacra Familia e a contorna das Lagoas. Tal e como explicou Lage Tuñas, “A Coruña é unha cidade que, aos poucos, está a gañar moitos máis espazos públicos nos que fomentar a práctica deportiva ao aire libre”. “Temos exemplos moi visibles no día a día, como o carril runner do paseo marítimo, pero tamén coa creación e apertura de máis equipamentos como as áreas deportivas de calistenia e os parques biosaudables”. Todo iso tras unha Xunta de Goberno na que, entre outras cuestións, e como medida destacada, aprobouse a licenza de obra para a construción dunha nova promoción de máis dun centenar de viveindas no lugar de Pedro Fernández, preto da ponte da Pasaxe.

MOBILIZACIÓNS NOS TRANSPORTES DE MERCADORÍAS

Os sindicatos CC.OO., CIG e UXT, que compoñen a mesa negociadora do convenio provincial dos transportes de mercadorías por estrada da Coruña anunciaron un calendario de mobilizacións tras a ruptura das conversacións, e avanzaron que a primeira protesta desenvolverase o próximo 9 de xullo no polígono da Grela. As centrais denunciaron a negativa da patronal a abordar as principais demandas sindicais e lembraron que, en agosto de 2025, asinouse un acordo para ese ano sobre a subida económica, coa idea de “non seguir acumulando meses co convenio caducado e propiciar a negociación dun convenio plurianual”.

“O compromiso de ambas as partes era que esa nova negociación contaría, ademais de que coa subida económica, con melloras na xornada e na remuneración do traballo nocturno, en domingos, do tempo de presenza, así como melloras para o persoal de almacén e administración”, sinalaron os sindicatos.

ÚLTIMAS

Este martes arrinca na Filmoteca de Galicia o Norte Cinema Diverso, o festival de cinema LGTBIQ+

Xa está aquí a cuarta edición de Norte Cinema Diverso, o festival de cinema...

Condenan a Abanca a devolver máis de 20.000 euros estafados mediante phishing

O Tribunal de Instancia da Coruña condenou a Abanca a devolver 20.119 euros, máis...

O exalcalde da Coruña Xulio Ferreiro anuncia o seu apoio ao BNG: “É a candidatura que serve para avanzar”

O exalcalde da Coruña e líder da Marea Atlántica ata 2019, Xulio Ferreiro, anunciou...

Novos traballos de escavación arqueolóxica na Casa da Sinagoga

O Concello da Coruña deu comezo ao proxecto de novas excavacaciones arqueolóxicas na Casa...