InicioCULTURACríticas por descoñecer o cartel do Festival Noroeste a unha semana do...

Críticas por descoñecer o cartel do Festival Noroeste a unha semana do seu inicio

Publicada o

Por editor

Estamos a unha semana do comezo do 36ª edición do Festival Noroeste Pop Rock e seguimos sen ningún tipo de información oficial. Apenas un par de bandas, as cabezas de cartel, filtradas a La Voz de Galicia, son o único aperitivo que os amantes da música e do gran festival de referencia da cidade poden paladear a estas horas.

Nin as redes do Concello nin as oficiais do festival anunciaron nada a día de hoxe. Apenas sabemos que os concertos arrincarán o 9 de agosto, esperemos mantendo o formato das prazas, e non pararán ata a noite do sábado 12 de agosto.

As únicas filtracións feitas á certos medios anuncian a chegada o venres 11 de Zara Larsson, nunha sesión pensada máis para a rapazada, e a irrupción o sábado 12 de Primal Scream, unha das grandes bandas do pop-rock internacional dos anos 90.

Esperemos pronto o Concello confirme o cartel ao completo.

ÚLTIMAS

Finaliza sen acordo a negociación do convenio de transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña

As negociacións polo convenio do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña...

Avanzan as obras dos Cantóns, con inicio da próxima fase a comezos de marzo

Visita institucional esta mañá ás obras dos Cantóns, no marco da humanización da zona....

Cinco taxis coruñeses poderán operar en Alvedro a partir do 16 de marzo

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado pola directora xeral de...

8M.- A Deputación da Coruña pon o foco no papel das mulleres nas loitas sociais e laborais

A área de Igualdade da Deputación da Coruña conmemorará o 8M cun programa de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here