InicioCULTURAO Salón do Cómic 'Viñetas desde o Atlántico' rende homenaxe a Calpurnio

O Salón do Cómic ‘Viñetas desde o Atlántico’ rende homenaxe a Calpurnio

Publicada o

Por Ángela Precedo

Salón do Cómic ‘Viñetas desde o Atlántico’ rende homenaxe a Calpurnio cunha mostra, ademais contará este xoves, 10 de agosto, coas firmas dos autores Emma Ríos e David Rubín.

Entre as propostas expositivas desta 26 edicón, poderase visitar ‘Homenaxe a Calpurnio’ unha mostra comisariada por Álvaro Pons e Asier Mensuro que supón a primeira homenaxe pública ao ilustrador Eduardo Pelegrín, recentemente falecido.

Por outra banda, a biblioteca Durán Loriga acollerá o último dos talleres infantís de iniciación á banda deseñada. Tamén terminará a última sesión do taller profesional express de novela gráfica, ambos os organizados por Coruña Gráfica. Para o público familiar, durante a mañá estará dispoñible a comicteca infantil, no Palco da Música de Méndez Nuñez, espazo que tamén acollerá novos talleres para nenos e nenas.

ÚLTIMAS

Evacuada ao CHUAC unha pasaxeira de 61 anos do cruceiro Britannia tras sufrir un accidente en alta mar

Unha pasaxeira de 61 anos que viaxaba a bordo do cruceiro Britannia foi evacuada...

Acusan ao Estado e á Xunta de colaborar cos Franco no novo expolio de mobiliario do Pazo de Meirás

O litixio cos Franco sobre os bens mobles do Pazo de Meirás (do que...

Once persoas feridas nun incendio nun edificio da Coruña que puido orixinarse nun patinete eléctrico

Un total de 11 persoas resultaron feridas nun incendio rexistrado durante a madrugada deste...

Presentan 5.800 sinaturas contra a urbanización do Parque da Agra

Non para a veciñanza da Agra do Orzán ante o novo atentado urbanístico que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here