InicioSUCESOSEvacuada unha traballadora en Oleiros tras quedar atrapada nunha depuradora no peirao...

Evacuada unha traballadora en Oleiros tras quedar atrapada nunha depuradora no peirao de Lorbé

Publicada o

Por europapress

Unha traballadora foi evacuada en Oleiros  tras sufrir un accidente e quedar atrapada nunha especie de desaugadoiro nunha depuradora localizada no peirao de Lorbé.

Segundo ha inforamdo o 112, a muller puido ser liberada polos seus compañeiros coa colaboración dos equipos de intervención, e foi trasladada ao centro hospitalario de referencia a bordo dunha UVI móbil.

Sucedeu ao fío das 12,00 horas. Nese momento, unha persoa particular daba conta do accidente laboral ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia. A partir de aí, desde o 112 solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Betanzos, dos efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias de Oleiros e tamén da Policía Local. Igualmente, pasouse aviso aos Bombeiros de Arteixo, por se fose necesaria a súa colaboración.

ÚLTIMAS

O PP ve “un patrón de conduta” de acoso laboral no PSOE coruñés

O portavoz do PP da Coruña, Miguel Lorenzo, volveu a esixir a dimisión da...

A Xunta declara viable o parque eólico de Inditex no porto exterior da Coruña

A Xunta formulou a declaración de impacto ambiental do proxecto parque eólico 'Porto exterior...

Unha administración da Agra do Orzán reparte 10 millóns de euros do terceiro premio

Unha administracion de lotaría da Coruña, situada en rúa Alcalde Lens, repartiu dez millóns...

O mapa de BiciCoruña conta xa con 79 estacións

Segue mellorando o grupo de goberno o servizo de BiciCoruña. A recta final da...