InicioA CORUÑAComezou a demolición do viaduto da AC-12 na Coruña polos accesos ao...

Comezou a demolición do viaduto da AC-12 na Coruña polos accesos ao ‘Novo Chuac’

Publicada o

Por europapress

Arrincaron sen incidencias as obras de derrube do viaduto da AC-12 no marco do proxecto de accesos ao ‘Novo Chuac’. Trátase dunha actuación que se desenvolve mediante un proceso de demolición controlado das súas estruturas durante este luns, martes e mércores e en varias fases, e para que a Xunta e Concello teñen informado das alternativas.

Durante a visita, as representantes da Xunta o despregamento previsto para este tres días nos que unhas 40 persoas traballarán en diferentes quendas para garantir a actividade as 24 horas ao día, co obxectivo de axilizar ao máximo os traballos, reducir o tempo de execución e minimizar as molestias á cidadanía e as afeccións ao tráfico.

Segundo explicaron operación de derrube iniciouse esta noite coa demolición de parte dos segmentos do viaduto situados nos bordos da AC-12. A delegada territorial sinalou que o obxectivo é concentrar as actuacións máis complexas nestes días para poder reabrir ao tráfico a avenida da Pasaxe o vindeiro xoves.

 

Estas son as alternativas para evitar o corte de tráfico na rolda da Pasaxe

ÚLTIMAS

A UDC acolle das xornadas de AMEGA sobre o futuro dos medios de comunicación

Os medios de comunicación viven unha transformación profunda marcada pola intelixencia artificial, os novos...

A exsubdelegada do Goberno na Coruña María Rivas postúlase para liderar a lista do PSOE na provincia

A exsubdelegada do Goberno na Coruña e actualmente directora do Plan Estratéxico da cidade...

O Concello da Coruña lanza unha campaña para animar aos mozos a falar de saúde mental sen prexuízos nin medo

O Concello da Coruña vén de lanzar unha campaña municipal para achegar a conversa...

SKPMotor viaxa a Ourense e Ferrol para coñecer a dous campións

Continúa a nova tempada do motor sendo recollida no mellor programa da provincia: SKPMotor...