A Axencia Galega de Infraestruturas publicou o anuncio de 29 de setembro deste ano polo que se dá conta da aprobación inicial e sométese a información pública o proxecto relativo a expropiacións pola ampliación do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac).
En concreto, recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG), o proxecto de equidistribución en desenvolvemento do proxecto de expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de interese autonómico (PIA) do novo complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac), no ámbito de Pedralonga, no concello coruñés.
O mesmo estará exposto ao público na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas. O prazo de exposición pública será dun mes a contar desde o día seguinte da publicación. Isto faise despois de que en marzo de 2021 o conselleiro de Sanidade encargase á Axencia a xestión das actuacións para a adxudicación e execución do contrato do servizo de redacción do documento para a tramitación urbanística relativa a esta cuestión.

