InicioDEPORTESSKPMotor viaxa a Ourense e Ferrol para coñecer a dous campións

SKPMotor viaxa a Ourense e Ferrol para coñecer a dous campións

Publicada o

Por Xurxo Varela

Continúa a nova tempada do motor sendo recollida no mellor programa da provincia: SKPMotor en CuacFM Coruña.  No sétimo programa da quinta tempada, emitido o xoves 8 de outubro, arrincaba co clásico “Momento bache”, denunciando a cantidade de lixo que se acumula no arcén dereito do túnel de Casablanca, ao saír da cidade.

Comezou a viaxe polo país en Ourense para falar co mozo piloto Miguel Gayoso (21 anos), vixente campión da Sandero Eco Cup Galicia 2025. Esta tempada, lidera o Clio Trophy Galicia e, a fin de semana pasada, no Rally de Llanes, coroouse campión da Copa de España de Asfalto Clio Trophy xunto ao seu copiloto vasco, Alaitz Urkiola. Miguel xa ten 93 puntos, polo que nos di que non precisan desprazarse para competir no Rally RACC os días 23 e 24 de outubro. Non obstante, competirá no Rally San Froilán os días 16 e 17 de outubro. O ourensán está no seu cuarto ano de Enxeñaría Mecánica, pero deixa o mantemento do seu Renault Clio Rally 5 ao seu amigo Santi de Egipto Motor.

De Ourense a Ferrol, para coñecer ao piloto Pablo Rey e á súa muller e copiloto, María Pilar Seco. O sábado pasado participaron no Rally Histórico Rías Altas, quedando terceiros na xeral, segundos na categoría Pre2000 e primeiros no Trofeo Sub-1600cc ao volante do seu Peugeot 106 KIT Car. Pablo leva competindo en rallys en Galicia, Asturias e Cantabria desde 1995. O seu primeiro coche foi un Peugeot 205 Rally, e Pilar, a súa copiloto, leva con el 11 anos. Contou a súa experiencia e o divertido que é conducir o Peugeot 106. En dúas semanas, viaxan ás Illas Canarias para competir no Rally de Tenerife, onde disputarán o campionato Pre2000.

Xa sabes que podes escoitar o programa de SKPMotor en cuacfm.org

ÚLTIMAS

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...

O BNG pregunta ao Concello por que segue incumprindo a Lei de Memoria Democrática

O BNG denunciou incumprimentos da Lei de Memoria Democrática na Coruña e avanzou que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here