InicioA CORUÑAArrinca o concurso de Tapas Picadillo e a V Ruta de Tapas...

Arrinca o concurso de Tapas Picadillo e a V Ruta de Tapas e Pintxos de Galicia

Publicada o

Por Redacción

Tempos gastronómicos estes de outono na cidade. Por un lado comeza a XXII edición do concurso de Tapas Picadillo coa apertura das inscricións, pero ademais tamén o fai a V Ruta de Tapas e Pintxos de Galicia, na que participan 15 establecimentos herculinos.

Picadillo

Do 20 ao 29 de novembro celebrarase na Coruña a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo. Os establecementos interesados en participar poderán inscribirse desde o 8 ata o 21 de outubro. A participación será gratuíta e deberá formalizarse a través do formulario dispoñible na web oficial tapaspicadillo.es.
Como en anteriores edicións, o concurso inclúe dúas categorías principais: Tapa Recetario Picadillo (baseada en receitas tradicionais galegas recollidas no libro La cocina práctica, do histórico gastrónomo coruñés Picadillo) e a Tapa Creativa, ideada para propostas innovadoras desde o punto de vista técnico e culinario. As tapas deberán elaborarse artesanalmente, priorizando o produto km 0, e o seu prezo oscilará entre os 3 e os 6 euros.

O certame outorgará tres premios principais: nas categorías de Mellor Tapa Creativa, Mellor Tapa Receitario Picadillo e Mellor Tapa por Votación Popular. Os dous primeiros dotados con 1.000 euros e diploma acreditativo e o terceiro dotado con 500 euros e un diploma
acreditativo.
Como novidade este ano, e co obxectivo de seguir apostando pola formación dos profesionais locais, os premiados nas dúas categorías principais (Mellor Tapa Creativa e Mellor Tapa Receitario Picadillo) serán galardoados, ademais, cun Curso de Cociña Innovadora no Basque Culinary Center (San Sebastián, Guipúscoa), centro de referencia no mundo da formación, investigación e innovación gastronómica, valorado en 1.000 euros.

Quince establecementos da Coruña participan na V Ruta de Tapas e Pintxos de Galicia

Do 9 ao 18 de outubro, a V Ruta de Tapas galega invita aos visitantes a descubrir a gastronomía gallega a través de creacións de tres bocados. A iniciativa reúne bares e restaurantes das catro provincias gallegas nun evento que combina produtos locais, creatividade e talento culinario para mostrar a diversidade da gastronomía gallega.

Os establecementos participantes na Coruña son Pazo de Vilaboa, BaceLO, Arraigo, Roots, Central Park, D’Obra Gastro, Zahara Ferrol Restaurante, El Rincón Siciliano, Bar Sinxelo, Nou Sabor a Mar, Restaurante Savi, Cervecería PJ, Café Bar Marineda y El Olivo Cocina & Bar.

O evento terá lugar os días 19 e 20 de outubro no Mosteiro de San Pedro de Rocas, no corazón da Ribeira Sacra ourensá, e reunirá profesionais das catro provincias gallegas.

O público pode atopar información sobre os pratos e os establecementos participantes nos perfís de Instagram e Facebook da Academia de Tapas e Pintxos: @academiadelatapaydelpintxo.

Quen foi Picadillo?

O Día do Libro celébrase co 150 aniversario de Picadillo, o gran supervendas da cociña

Gañadores do Picadillo 2025

O Bar 23, La Sifonería e o Bodega Órdenes, os gañadores dos Premios Picadillo

Gañadores do Picadillo 2023

Estes foron os Premios Picadillo

ÚLTIMAS

A Coruña garda un minuto de silencio por Maricarmen, convertida en símbolo da loita pola vivenda

Decenas de persoas asistiron na praza de María Pita ao minuto de silencio convocado...

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...

Vandalizan as sedes da Universidade privada de Abanca de Coruña e Compostela

As sedes da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) na Coruña (na rondade Nelle)...

Denuncian a poxa de bens do Pazo de Meirás dos herdeiros de Franco

O pasado mes de xullo, a familia dos herdeiros de Franco apuraban para sacar...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here