InicioMOV. SOCIAISOs Bombeiros volven denunciar o desprezo da Xunta: "Temos familia"

Os Bombeiros volven denunciar o desprezo da Xunta: “Temos familia”

Publicada o

Por editor

Hai apenas unha semana denunciaban o meirande desprezo da Xunta cara os traballadores no marco das negociacións do convenio. Hoxe, os Bombeiros de Galicia volven saír á voz pública para denunciar a falta de atención da administración.

 

COMUNICADO DOS BOMBEIROS DE GALICIA

Ante a falta de respostas por parte da administración vémonos na obriga de denunciar en voz alta a desidia e o menosprezo co que se nos está tratando ó servizo de bombeiros comarcais e en consecuencia a tódolos cidadáns e visitantes que temos en Galicia durante estas datas estivais.

O día 2 de agosto a Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia convocou ás catro deputacións e á parte traballadora para asinar un Protocolo de Colaboración coa finalidade de establecer un marco de diálogo e colaboración coa intención de intentar que se volva á normalidade en canto ós servicios dos parques de bombeiros dos catro consorcios provincias.

Dende o comité de folga respostámoslle que ese protocolo NON foi consensuado connosco en ningún momento e que a desconvocatoria de folga que eles unilateralmente deciden impoñer nese documento nunca se decidira así pola nosa banda.

A pesares da nosa disconformidade con ese protocolo, e de ter en conta que lles compartimos por escrito as modificacións que considerábamos oportunas para poder chegar a consenso nese documento, a Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia e as catro deputacións seguen adiante sen ter en conta as nosas reivindicacións e asinan unilateralmente ese acordo.

Despois disto e logo do desplante que inicialmente nos realizan non querendo recibirnos o día 2 de agosto na Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia, insistimos e ese mesmo día temos unha xuntanza a regañadentes co director xeral de emerxencias, co presidente da deputación de Ourense e co deputado representante da deputación da Coruña.

Despois desta reunión quedamos ámbalas partes en volver enviar as nosas aportacións ó protocolo que eles plantexaran e xa firmaran para darlle unha volta e poder valorar que se incluirán a nosas peticións.

Enviamos tal e como quedaramos as nosas aportacións o día 4 de agosto por correo electrónico como é o habitual. A día de hoxe non temos ninguna resposta por escrito e a única desculpa verbal que puidemos recibir despois de insistir chamando varias veces ó subdirector xeral é de que ESTAMOS DE VACACIÓNS E TEMOS FAMILIA

Esta actitude pasota, de menosprezo e ineptitude por parte da administración demostra unha vez máis a desidia e falta de interés por parte da administración de avanzar e arranxar este conflicto que está a afectar ó noso colectivo e por consecuencia a todo a poboación.

Non está de máis recordarlles que nós tamén TEMOS FAMILIAS que atender e a pesares diso priorizamos o servicio como moitas veces o fixemos no pasado para intentar sacar adiante as emerxencias pero estamos a sufrir de primeira man a súa falta de interese e de organización e a súa pasividade e falta de interese por arranxar este conflicto no que priorizan as súas vacacións ó benestar do resto.

Non podemos seguir permitindo que se nos desprece deste xeito, polo que dende a parte traballadora non nos queda máis que pedirlle encarecidamente ás administracións competentes que demostren de verdade que queren resolver este conflicto e que de verdade lles preocupa a seguridade da cidadanía convocando de inmediato ós representantes dos traballadores para arranxar este conflicto que vendo como o están tratando vai camiño de endurecerse aínda máis.

  • Asinado polos Representantes dos Traballadores MIB e Comité de Folga (UGT, CCOO, CIG, SIBGAL, CSIF e USO)

ÚLTIMAS

Arquivada a denuncia de dúas exconcelleiras no PSOE por presunto acoso laboral por parte da alcaldesa da Coruña

O PSOE arquivou a denuncia que dúas exconcejalas socialistas, Esther Fontán e Eva Martínez...

A Xunta sorteará en setembro 50 vivendas de alugueiro accesible en Xuxán

A Xunta sorteará o vindeiro 9 de setembro un total de 50 vivendas de...

Sindicatos denuncian que empresas do sector hostaleiro na Coruña ofrecen aumento de soldo se non se fai folga

Os sindicatos convocantes da folga no sector hostaleiro da Coruña --CC.OO., UXT e CIG--...

Alfaroleiros arrinca este mércores en Santa Cruz con cinco días de olería, cultura e tradición

Oleiros inaugura este mércores, 5 de agosto, a XXXII edición de Alfaroleiros, unha das...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here