InicioA CORUÑAWe are happy, preacher Fields

We are happy, preacher Fields

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Mentres uns disfrutaban da festa de Sabela e Pongo en Santa Margarida, outros movían as cadeiras co Yibril na Cormelana Sellier, e os máis cañeiros soltaban as melenas coa tralla de Mojo Mantra e BALA no Campo da Leña, os máis clásicos gozaron dunha noite dificilmente esquecible na Praza de Azcárraga. Un escenario marabilloso, se cadra algo pequeno e agochado para unha lenda do blues e do soul como Lee Fields, que aos seus 72 anos deu un recital memorable ao máis puro estilo James Brown.

Cunha banda de músicos impresionante, con eses ventos tan auténticos, ofreceu un incrible recital de garra como un dos mellores soulman de sempre, e soubo meterse no peto a todo o público de todas as idades.

A piques estivo de meterse nun xardín nun par de discursos doutra xeración, pero rápido reconduciu a un plano ecoloxista cargado de fe, lanzando un “I’m a faithfull man” ao máis puro estilo predicador baptista.
Temazos históricos como “Lady” ou “Forever” fixeron cantar e mover as mans a todo o auditorio que unha e outra vez respondían “Yeaaaah” á continúa pregunta do preacher Fields: “Are you happy”? – “Contigo en escea imposible non estalo, Lee”, pensabamos os presentes.

Ao remate, algúns puideron ver o último tema de BALA, e houbo quen, sobre todo os máis novos, se desprazou ao porto para ver Arde Bogotá, unha das bandas emerxentes do panorama estatal.

Máis programa do Festiva Noroeste

O programa continúa hoxe venres e mañá sábado, os días grandes, con citas variadas:

VENRES 11

Campo da Leña
19:30h – Superfuzz
21:30h – Lanegan by Ultracuerpos

Azcárraga
14:00h – Pamela Rodríguez
20:30h – Brais Morán & Nasaufunk

Riazor
21:30: DJ Grobas
22:30h – 2ManyDj’s
0:30h – Parov Stelar

Cormelana Sellier (Dj’s)
20:00h – Meneo

SÁBADO 12
Cormelana Sellier
20:00h – Drea

Azcárraga
14:30h – Corriente del Golfo
20:30h – Jarbis

Campo da Leña
13:00h – Malandrómeda
14:00h – Haydn
19:00h – Gitano de palo

Riazor
22:00h – Lori Meyers
00:30h – Primal Scream

Máis info

ÚLTIMAS

Coruña homenaxea a Luísa Villalta, a poeta da ‘Cidade Alta’

Galicia celebra un ano máis a festa da súa lingua e das súas letras. A...

Presentan un informe para solicitar a eliminación de 373 símbolos franquistas na cidade da Coruña

Continúa a sociedade herculina presionando para que o Concello cumpla a Lei de Memoria...

Goberno, Xunta e Concello apelan ao consenso para o deseño da fachada marítima

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, cualificou de "urxente" dar unha resposta ao...

Desestimado polo TSXG un incidente contra o Concello da Coruña por incumprimento do acordo sobre o Conde de Fenosa

A sección segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here