InicioBARRIOSO Novo Mesoiro e a Sagrada póñense de festa

O Novo Mesoiro e a Sagrada póñense de festa

Publicada o

Por editor

Xa están en marcha as Festas de Novo Mesoiro, impulsada polo Concello. A zona do parque infantil, espazo que vén acollendo as festas do barrio nos últimos anos, está vivísimo.
Onte tivo lugar o espectáculo “Esto é rock”. O sábado 26 haberá actuación dentro do programa itinerante para todos os públicos Cascarillarte, a cargo de Máximo Óptimo, a partir das 12.30 horas. A sesión vermú comezará ás 14.00 horas co Dúo Karamba, mentres que ás 22.00 horas haberá actuación da orquestra Triunfo.
O domingo 27 a xornada comezará coa actuación, ás 14.00 horas, da banda Virtual Project. Pola tarde haberá unha nova sesión de Cascarillarte, ás 19.30 horas, a cargo de Bandullo Azul, que representará “Fazula” e “O Ladrón de Paraugas”.
A actuación de Café Quijano, todo un referente do pop e do rock en español, será o domingo ás 22.00 horas na explanada do centro cívico.

Festas da Sagrada Familia

Por outra banda, esta fin de semana, sábado 19 e domingo 20 de agosto, celébranse as
festas do barrio da Sagrada Familia. O campo da festa está instalado na pista
polideportiva municipal do barrio.
Este sábado haberá, a partir das 10.30 horas, inchables para os/as máis pequenos/as. Ás
12.30 horas será a festa da escuma e a partir das 13.30 horas comezará a sesión vermú coa Orquestra Alianza. Ás 19.00 horas haberá un espectáculo de maxia para todas as idades e ás 22.00 horas comezará a verbena, a cargo tamén da Orquestra Alianza.
O domingo haberá dúas actuacións, ás 13.00 e 14.00 horas, de Gaiteiriños e Cántigas da Terra, respectivamente. As Festas de María Pita continúan enchendo os barrios de diversión e festexos para afondar nas raíces de cada un deles.

ÚLTIMAS

Un incendio nun edificio na Coruña obriga a desaloxar a catro persoas

Catro persoas tiveron que ser trasladadas polos profesionais sanitarios tras producirse un incendio nun edificio...

Coruña agradece o traballo dos bombeiros pola DANA

O Concello da Coruña trasladou o agradecemento aos bombeiros da cidade desprazados a Valencia...

Conclúe o xuízo pola malleira mortal a Samuel: coñece as claves de cada declaración

O xuízo pola morte de Samuel Luiz, falecido tras unha malleira na madrugada do...

Isabel Faraldo optará a liderar Podemos Galicia nas primarias que se inician este luns

A exconcelleira na Coruña Isabel Faraldo, que foi candidata de Podemos nas eleccións galegas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here