InicioBARRIOSDenuncian ante a Inspección de Traballo á empresa Viraxes por vulnerar o...

Denuncian ante a Inspección de Traballo á empresa Viraxes por vulnerar o dereito á liberdade sindical

Publicada o

Por editor

A Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira en Galicia (FAC-USO Galicia) continúa o proceso de denuncia de persecución dos traballadores do Centro Deportivo do Castrillón.

O sindicato vén de denunciar en Inspección de Traballo e Fiscalía a VIRAXES, S.L., e ao seu xerente por vulnerar a liberdade sindical, tras considerar que empresa que xestiona o Centro Deportivo do Castrillón conta cun contrato caducado dende o mes de xuño; que “existen franxas horarias onde a sala de fitness, non conta con persoal técnico, ou este se
atopa realizando outras funcións na piscina ou en información-recepción”; que “os socorristas e monitores vense obrigados, en ocasións, a compaxinar, as dúas funcións, sen
contar, no segundo caso, coa titulación requirida e necesaria; que os “traballadores/as realizan, en ocasións, xornadas continuas e ininterrompidas de ata 13 horas diarias durante as fins de semana e os días festivos”; que os “traballadores/as non contan cos descansos legais pertinentes, entre xornadas e dentro da propia xornada”; que os “traballadores/as non cobran pluses (nocturnidade, perigosidade, toxicidade, etc.)”; que “existen traballadores/as aos que non se lles aplica o “Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia”.

Lembran ademais que “o Centro Deportivo non conta, desde hai meses, co posto de director-coordinador, posto obrigatorio e estrutural, clave para o funcionamento, funcións que vén desempeñando unha monitora contratada para impartir actividades de fitness, que non conta nin coa experiencia requirida, nin tampouco coa titulación axeitada (intrusismo profesional)”.

 

ÚLTIMAS

Samuel Luiz, cinco anos do seu asasinato con tres condenados e novo homenaxe de recordo este venres na Coruña

Este venres cúmprense cinco anos do asasinato de Samuel Luiz, na madrugada do 3...

A veciñanza de 6 barrios únese e rescata a Festa dos Martelos

Hoxe, xoves 2 de xullo, e ata o sábado, o Martinete está de festa....

O Burgo volve á Idade Media co seu tradicional Mercado Templario

Arrincou este mércores o primeiro dos 5 días de Mercado Templario do Burgo. Ata...

O Peirao de Batería acolle unha mostra do fotógrafo David Sims desde o 21 de novembro

A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) anunciou que a súa próxima exposición, co título...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here