InicioMOV. SOCIAISBombeiros denuncian o traslado forzoso a Arteixo para garantir os servizos "ás...

Bombeiros denuncian o traslado forzoso a Arteixo para garantir os servizos “ás portas de Inditex”

Publicada o

Por europapress

O comité de folga autonómica e a mesa intersindical de bombeiros de Galicia trasladou este venres a súa “indignación” ante o “peche inxustificado” do parque comarcal de Ribeira na xornada do xoves para poder garantir os servizos “ás portas do complexo industrial de Inditex”, no parque de bombeiros de Arteixo.

A través dun comunicado, lembraron que o decreto de servizos mínimos do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña “esixe que un número determinado de efectivos permanezan de quenda as 24 horas do día en todos os seus parques de bombeiros“, e estes efectivos prestan estes servizos mínimos “nos seus respectivos centros de traballo”.

O parque de Ribeira dá servizo aos municipios de Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Porto do Son, que quedan sen cubrir ao pecharse as instalacións e enviar un efectivo a Arteixo, onde unha baixa impedía cumprir o cociente de servizos mínimos. “Con esta actitude, o Consorcio de Bombeiros da provincia coruñesa está a empuxar aos traballadores para que comecen a secundar o seu dereito á folga, evitando así calquera servizo prestado fóra dos servizos mínimos propios de cada parque”, advertiron.

Os sindicatos volveu a lembrar que os múltiples peches de parques comarcais que houbo ata agora non se poden atribuír á folga autonómica, senón a “a falta de capacidade para prestar o servizo por parte das administracións responsables”. Ademais, denunciaron un “clasismo social” no referente á prestación do servizo, porque o Consorcio “está a marcar que cidadáns merecen dispor dun servizo mínimo e que cidadáns poden prescindir del”.

O comité de folga e a mesa intersindical esixiu que non se prive á cidadanía deste servizo esencial e que “se dimensione adecuadamente” para que todos os galegos poidan dispor dun servizo cunhas garantías mínimas de seguridade. Finalmente, reclamaron ao Consorcio da Coruña que se tome “en serio” a prestación do servizo “sen antepor a protección de certos ‘lobbies’ do téxtil á seguridade das persoas e os seus bens”.

ÚLTIMAS

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás...

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...