InicioA CORUÑAA Coruña acolle o XVI Congreso de Antropoloxía co lema "Non hai...

A Coruña acolle o XVI Congreso de Antropoloxía co lema “Non hai fronteiras?”

Publicada o

Por monchomarino

A coruña acolle desde este martes 5 de setembro o XVI Congreso de Antropoloxía baixo o lema “Non hai fronteiras?”, promovido pola Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro) a Asociación de Antropoloxía do Estado Español (ASAEE) coa participación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), as tres universidades galegas (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo) e a Universidade de Tras- Os Montes – e Alto Douro.

“O evento, ao que asisten máis de 700 persoas, ten como obxectivo mostrar o traballo de especialistas en antropoloxía e disciplinas afíns. É tamén unha invitación a recalcular roteiros, debater sobre o que a antropoloxía pode achegar para abordar as crises (sistémicas?) polas que imos transitando: a pandemia da Covid-19, a emerxencia climática, a crise dos coidados, as crises identitarias…”, explican desde o comité organizador.

A inauguración será este martes 5 de setembro, ás 19.00 horas no Teatro Colón. A continuación, terá lugar a conferencia plenaria, impartida por Rossana Reguillo Cruz e que levará por título “Presentes baixo asedio: desafíos para a antropoloxía e o pensamento crítico”. A relatora é investigadora nacional Emérita SNI (Sistema Nacional de Investigadores). Membro da Academia Mexicana das Ciencias. Profesora-investigadora Emérita no Departamento de Estudos Socioculturais do ITESO. Coordinadora de Signa_Lab (Laboratorio de Análise de Redes e Sistemas Complexos). Doutora en Ciencias Sociais, con especialidade en Antropoloxía Social. CIESAS-Universidade de Guadalajara.

O mércores, 6 de setembro, comezará o evento como tal e todas as sesións tanto dese día como dos sucesivos terán lugar na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas: presentaranse 450 comunicacións; haberá diversas mesas plenarias, como “E se a antropoloxía e a creación artística estivesen sobre un escenario?”; presentacións de libros; mesas ao redor de diversas temáticas, como “Antropólogas en España: mestras e discípulas. Diálogos interxeracionais e aprendizaxes feministas na historia da Antropoloxía española” e múltiples simposios, algunhas dedicados exclusivamente ao contexto marítimo.

En paralelo ás sesións de comunicacións do congreso, terá lugar unha mostra audiovisual de cinema etnográfico aberta á cidadanía. En total mostraranse 10 documentais con temáticas variadas, que van desde a música tradicional galega ás violacións dos dereitos humanos das persoas migrantes.

O xoves, 7 de setembro, no Centro Ágora terá lugar ás 19.30 horas outra conferencia plenaria: “Mudar a pel”, impartida por Mari Luz Esteban, Llorián García Flórez e Andrés Rodrigues. Esta peza orixinal en torno ao dano, os coidados e o acompañamento foi creada no marco das Residencias Incipit de investigación e creación artística, unha iniciativa do INCIPIT e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

O venres, 8 de setembro, no Reitorado terá lugar ás 20.00 horas a conferencia de clausura, impartida por Astrid Ulloa e que levará por título “Transicións enerxéticas en contextos indíxenas”.

A relatora é antropóloga da Universidade Nacional de Colombia, con mestría e doutoramento en Antropoloxía da Universidade de California, Irvine. Profesora titular do departamento de xeografía da Universidade Nacional de Colombia. Directora do grupo de Investigación Cultura e Ambiente. Cunha longa traxectoria de investigación sobre movementos ambientais e pobos indíxenas, xénero e feminismos indíxenas, feminismos territoriais, ecoloxía política feminista, territorios indíxenas e extractivismos.

ÚLTIMAS

O Monte Mero espera a nova urbanización de 4.300 vivendas protexidas

Anunciaba a semana pasada a Xunta os novos proxectos de Interés Autonómico (PIA) en...

Segundo recibe dúas estrelas Michelín nos premios #SoyBarbudo

Volve o Barbeiro Solidario á actualidade. O organizador da Barbería Solidaria, que este pasado...

Levan ao Valedor do Pobo “o roubo da Casa Cornide”

Coa V Marcha pola Devolución da Casa Cornide convocada para o vindeiro 14 de...

Detida por levar xoias e diñeiro da casa na que limpaba en Cambre

Axentes da Policía Nacional detiveron en Cambre a unha muller como suposta autora de varios delitos de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here