InicioCULLEREDOUnha denuncia ante a Garda Civil de Culleredo permite desmantelar un grupo...

Unha denuncia ante a Garda Civil de Culleredo permite desmantelar un grupo criminal nacional de estafas dixitais

Publicada o

Por editor

A Garda Civil desmantelou un grupo criminal nacional especializado en cometer estafas a través do método Smishing no marco da operación Gatolu. Foi gracias a unha denuncia presentada por unha vítima nas dependencias oficiais da Garda Civil de Culleredo.

A vítima describía que recibiu un suposto SMS da súa entidade bancaria indicando a urxencia de acceder á súa banca electrónica a través dunha ligazón.
Tras aceptar a solicitude, os seus contrasinais de banca online quedaron a mercé dos supostos estafadores, accedendo á súa conta sen autorización, retirándolle unha cantidade de 4.000 euros, observando posteriormente multitude de movementos non autorizados entre contas bancarias e tarxetas. era titular ou autorizado, así como a recepción dunha transferencia doutra estafa denunciada en Pontevedra.

A partir de aí o Equipo Asesor de Prevención e Resposta contra a Ciberdelincuencia da @Coruña, da Comandancia da Garda Civil da Coruña, comezou a investigación, e lograron identificar e deter a varios membros do grupo criminal nas provincias de Toledo, Valencia, Barcelona e Madrid, o que provocou a identificación e detención do presunto sospeitoso “capturador” do grupo na localidade de Sant Joan de Vilatorrada.

Os detidos son acusados dos delutos delitos de pertenza a grupo criminal, estafa, branqueo de capitais, intrusismo informático, e falsificación de documentos.

A operación continúa aberta coa finalidade de localizar e deter a outro dos presuntos membros do grupo, para o que se ditou orde de busca e captura.

CONSELLOS:

A Garda Civil avisa:
– Nunca acceder a través dunha ligazón que nos foi enviada, aínda que coñezamos o remitente.
– Sempre Acceder como é habitual á túa conta bancaria, aplicación ou sitio web do propio banco.
– Non proporcionar ningún tipo de código ou contrasinal a ninguén. As entidades bancarias nunca piden por teléfono as contrasinais completas

ÚLTIMAS

O seguimento masivo da folga do comercio e da alimentación: “Hoxe non se compra”

O persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña respondeu con forza á...

A Audiencia da Coruña acolle en xuño o xuízo co xurado pola morte de Yoel Quispe

A Audiencia Provincial da Coruña celebrará do 1 ao 19 de xuño o xuízo,...

O TSXG eleva a pena de prisión para unha administradora por apropiarse de fondos veciñais en Culleredo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) elevou a un ano e nove...

O referente do trap arxentino YSY A actuará o 11 de setembro na Coruña

O referente do trap arxentino YSY A actuará o 11 de setembro na Coruña...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here