InicioCULTURAO Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón celebra 55 anos cunha...

O Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón celebra 55 anos cunha xornada de portas abertas

Publicada o

Por editor

O sábado 7 de outubro o Museo Arqueolóxico de San Antón celebra o 55º aniversario da súa inauguración. Faino cunha xornada de portas abertas o sábado 7 de outubro, durante a cal, entre as 10.00 e as 00.00 horas, as instalacións do museo estarán abertas ao público de xeito gratuíto.

Ademais, en paralelo, tamén está prevista unha ampla oferta de actividades culturais para todos os públicos. En primeiro lugar, unha serie de percorridos guiados polo Castelo de San Antón, que achegarán as persoas asistentes ás diversas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico. Disporanse tres quendas, orientadas ao público adulto: ás 12.00, 18.00 e 22.00 horas, con percorridos cunha duración de hora e cuarto. A oferta será de 25 prazas por quenda.

Obradoiros

Por outra banda, tamén se ofertarán tres obradoiros divulgativos:

● Mans á obra (Sábado 7 de outubro, ás 11.45 horas; 20 prazas): Obradoiro infantil.

● NumisLAB (Sábado 7 de outubro, ás 17.00 horas; 20 prazas): Obradoiro infantil.

● Gabinete Arqueolóxico (Sábado 7 de outubro, ás 19.30 horas; 15 prazas): Obradoiro para adultos.

Inscrición

O mércores 27 de setembro abre o prazo de inscrición. Todas as actividades son gratuítas, previa inscrición, ata completarse a capacidade prevista. As solicitudes poderán tramitarse a partir deste mércores 27 de setembro, a través do teléfono 981 189 850 (habilitado en horario de 10.00 a 19.30 horas).

ÚLTIMAS

A Xunta ameaza con usar os fondos estatais de vivenda en proxectos propios se o concello non cede parcelas

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas amosou a súa disposición a entregar...

Encarna Rodríguez Barca, nova subdelegada do Goberno na Coruña

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reuniuse este mércores coa nova subdelegada...

Hoxe arrinca a primeira semana chea de música, teatro, humor e artes visuais do Festigual

Arrinca hoxe en varias localizacións da cidade, a primeira semana do FESTIGUAL - Festival...

The Rapants e a Fundación Paideia triufaron nos Premios PALCO da Industria Musical Galega

Celebrouse onte na Sala Capitol de Compostela a entrega da segunda edición dos Premios...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here