InicioBARRIOSBaiuca encabeza as festas de Monte Alto

Baiuca encabeza as festas de Monte Alto

Publicada o

Por editor

Esta fin de semana de 30 de setembro e 1 de outubro, chegan as Festas de Monte Alto. Unhas festas que contan co concerto de Baiuca como punto álxido, pero que terán unha marea de actividades para toda a familia.

O Concerto de Baiuca, o proxecto liderado por Alejandro Guillán que xa é todo un referente da música electrónica no país grazas á súa experimentación coa música tradicional galega, serán no escenario que se instalará na rúa da Torre, o sábado ás 23.00 horas. Antes, ás 21.00 horas, tamén actuará AMILicia Bravú, a Banda de Fran Amil. Ás 22.45 horas, entre actuación e actuación, terá lugar o pregón a cargo da revista Luzes.

Durante a xornada do sábado, pola mañá, haberá pasarrúas musical con Os Bregadiers e sesión vermú con The Tetas Van desde as 14.00 horas. Pola tarde haberá actividades para toda a familia con xogos populares de 16.00 a 19.00 horas e o espectáculo de circo de Sue Moreno ás 19.00 horas, no Campo de Marte.

O domingo haberá alborada con Latexo e ás 12.00 horas actuación do Circo Chosco co seu espectáculo ‘FORZU2’. As festas rematarán ás 14.00 horas coa actuación do conxunto de música tradicional Tiruleque. Como consecuencia da celebración das festas na rúa da Torre, pecharase a estación de BiciCoruña desta rúa desde o sábado ás 13.00 ao domingo ás 16.00 horas.

Festas de Monte Alto 2023

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

Seleccionado un proxecto sobre o cancro da investigadora da UDC Elena Pazos polo CICA

A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here