InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOAs Crebas centran o foco do VII Encontro Internacional de Lixo Mariño

As Crebas centran o foco do VII Encontro Internacional de Lixo Mariño

Publicada o

Por editor

O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia CEIDA, organiza este sábado 6 de xuño, xunto coa Asociación Mar de Fábula e o colectivo RetoqueRetro, o VII Encontro Internacional de Lixo Mariño ‘Crebeiros no mundo’. O Castelo de Santa Cruz acollera a 7ª edición deste encontro que terán ás crebas, (todo aquelo recollido nas praias, devolto polo mar e susceptible de ser reutilizado) como principal argumento.

Crebas como fonte de Arte, “como medio de transmisión dunha realidade de intoxicación do planeta por plásticos que van parar ao mar”.

A xornada arrincar´ás 9:30h e pasarán pola palestra Xosé Manuel Barros de Mar de Fábula, Javier Serantes, Isabel García e Ana Lee de Asociación RetoqueRetro, Fernando Reis, de Sharks Educational Institute – SEI Portugal (que falrá das quenllas por videoconferencia; Carlota Vialcho Miranda, deOcean Mission (falará sobre limpezas en Islandia) e Alfredo López da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) (falará sobre Mamíferos e tartarugas mariñas).

Ademais, a partir das 13:!5 realizaráse unha saída para limpar a praia e un posterior obradoiro de crebeiros artistas.

Inscrición na web do CEIDA.

Máis novas

Carta aberta ao novo goberno municipal sobre o tráfico de cruceiros no porto da Coruña

 

ÚLTIMAS

Aterraxe de emerxencia dun voo privado a Casablanca en Alvedro por un problema de osíxeno na cabina

Un voo privado con destino a Casablanca (Marrocos) aterrou de emerxencia pasadas as 13.40...

Unha avaría obriga a deter un AVE entre A Coruña e Madrid en Ourense e provoca un atraso de 3 horas

Unha incidencia técnica, sobre a que Renfe non deu máis detalles, obrigou a deter...

Localizan sen vida ao ancián de Arteixo desaparecido en León

O corpo sen vida do home de 82 anos desaparecido na localidade leonesa de...

O BNG alerta dun “grave deterioro” na torre de control de Alvedro tras a súa privatización

O BNG denunciou a "grave deterioración" das condicións laborais na torre de control do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here