InicioA CORUÑAFinaciamento europeo para un científico da UDC que investigará sobre electrónica orgánica

Finaciamento europeo para un científico da UDC que investigará sobre electrónica orgánica

Publicada o

Por europapress

O científico do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais do campus industrial de Ferrol Jaime Martín recibiu unha ERC Consolidator Grant, dotada con dous millóns de euros, para financiar a súa investigación sobre polímeros semiconductores e a súa aplicación en electrónica orgánica.

Segundo informa o reitorado, trátase da primeira vez que se recibe un financiamento deste tipo “na historia da UDC”. Ademais, remarca que o Consello Europeo de Investigación (European Research Council, ERC) “é a máis prestixiosa organización financiadora da investigación científica da comisión europea”.

A súa misión é financiar unicamente proxectos dirixidos a avanzar “na fronteira do coñecemento”. “O obxectivo destas axudas é favorecer a consolidación de traxectorias investigadoras que buscan achegar solucións aos retos do futuro”.

Por outra banda, a UDC deu un paso máis na materialización do novo edificio de investigación e innovación na industria, do campus de Ferrol, coa adxudicación da redacción do proxecto básico e de execución a unha unión temporal de empresas.

ÚLTIMAS

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...

Jardinería Arce S.L. consegue o contrato de 2,7 millóns de euros para o mantemento e conservacións de áreas infantís

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar o contrato de mantemento, conservación, limpeza...