InicioSOCIEDADE"No partido xudicial da Coruña ábrese un procedemento ao día por ciberdelincuencia"

“No partido xudicial da Coruña ábrese un procedemento ao día por ciberdelincuencia”

Publicada o

Por editor

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez e Díaz-Castroverde, alertou de que a ciberdelincuencia que afecta a empresas, particulares e institucións “evoluciona exponencialmente cada ano” e avogou por “educar e protexer” á cidadanía das estafas dixitais e “integrar a intelixencia artificial de forma segura”.

Así o manifestou na apertura dunha xornada dedicada a analizar os retos de ciberseguridade e a fraude dixital, organizada por Abanca, en colaboración co TSXG. Na súa intervención, Díaz-Castroverde destacou que só no partido xudicial da Coruña, entre xaneiro e xuño deste ano, abriuse “case un procedemento ao día sobre esta clase de delitos”. Os datos, segundo engadiu, revelan que “se iniciaron 177 casos deste tipo”. “É dicir, un 23 por cento máis que nas mesmas datas do pasado ano”.

Deles, “a maioría, 95,” foron relativos a cargos de compra relacionados con cartóns que non son recoñecidos polos seus propietarios. Na Coruña, apuntou, tamén se abriron no primeiro semestre deste ano “45 procedementos por vendas ou compras” nas que os afectados non recibiron nin a compra nin o diñeiro.

“Hai que ter en conta, ademais, que a estes datos habería que sumar os casos que non se denuncian, pois os expertos advirten que os ciberataques son moito máis frecuentes”, asegurou. En consecuencia, o presidente do TSXG considerou “importante e imprescindible” encontros “interdisciplinares” como esta xornada para abordar esta problemática. “É necesario facer fronte a esta crecente ameaza que supoñen os ataques cibernéticos, pero tamén o é aproveitar as oportunidades que presenta a nova era dixital”, puntualizou.

MÁIS MEDIOS

Respecto dos casos de cibercrimen económico, sinalou que a lexislación “é clara, pero faltan medios para poder loitar contra unha delincuencia en aumento e difícil de perseguir porque é transnacional”. “Tamén estamos a asistir á aparición de novos modelos de comisión de delitos, en moitos casos relacionados coa intelixencia artificial e que requirirá avances ou reformas no Código Penal”, engadiu.

Neste sentido, indicou como “principal problemática” a “imposibilidade de lexislar á velocidade á que avanzan as novas tecnoloxías”. Por todo iso, Díaz-Castroverde avogou por “educar e protexer á cidadanía, ás empresas e institucións destes ataques e estafas dixitais e integrar a intelixencia artificial de forma segura segura”. A nivel xudicial, o obxectivo é, na súa opinión, “analizar que pode achegar a Administración de Xustiza para mellorar esta situación, para facela máis áxil e máis eficaz”.

ÚLTIMAS

Canto inflúen as Vivendas de Uso Turístico na subida de prezos do alugueiro?

Un dos estudios que máis se preocupa polo devir socio-urbanístico da cidade e que...

O pleno acorda adiar a modificación do PXOM sobre o Parque da Agra e promover un proceso participativo veciñal

Novo pleno celebrado esta mañá no Pazo de María Pita. A alcaldesa, Inés Rey,...

Coruña Marítima dá un paso clave: xa hai cinco finalistas para deseñar o futuro do porto e da cidade

O proceso de licitación do Máster Plan de Coruña Marítima avanza cara á transformación...

A Deputación da Coruña convoca a V Gala da Cultura para o vindeiro 16 de abril

A Deputación da Coruña presentou este xoves no Teatro Colón a V Gala da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here