InicioCULTURAEn Vilo busca afianzar cunha campaña de micromecenazgo o museo musical da...

En Vilo busca afianzar cunha campaña de micromecenazgo o museo musical da cidade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Se Alan Lomax vivise no século XXI estaría na Tobeira de Oza. O etnomusicólogo estadounidense percorreu o mundo, e tamén Galicia, facendo recolleitas, gravacións da música popular, para que quedasen gardadas para vindeiras xeracións. Esa mesma filosofía ten o Proxecto en Vilo, que utiliza a súa Canle de Youtube como ese caixón de tesouros da música underground dos nosos tempos.

A idea de Pedro Silva é crear un “rexistro”, un “museo musical” pensado para que calquera persoa no 2050 poda ver o que acontecía na cidade en 2025.

400 artistas teñen pasado nos dous primeiros anos do proxecto, e para seguir medrando veñen de lanzar unha campaña de micromecenazgo a través da plataforma Verkami. Queda pouco, menos dunha semana para poder alcanzar os apenas 3.000€ que necesitan para mellorar a calidade das gravacións deste proxecto sen ánimo de lucro.

O proxecto trata de “Promover el Talento Emergente”, ofrecendo unha plataforma coidada, para crecer na escea musica, pero tamén pretende fomentar a diversidade musical, así como construír unha comunidade musical na cidade.

O Equipo de “En Vilo” está formado por Pedro Silva (dirección), Javier Fernández e Pedro Silva (son); Nico Vieites (Mezcla e máster); Gabriela Hernández e Santiago Hernández (dirección artística); Pedro Silva (edición e montaxe); Manuel Pallarés e Gabriela Hernández (cámara) e Ángel Caste (foto fixa).

Set de En Vilo na Tobeira
Set de En Vilo na Tobeira

Máis novas

O pub Neón reconvertido nun turreiro. O proxecto Pesquedellas repensa a foliada como retrato da mocidade galega

Pepe Cunha, 25 anos á fronte do mellor programa de música galega contemporánea, “Ábrete de Orellas”

ÚLTIMAS

As peñas demostran a fractura aberta no deportivismo

Está dividido o deportivismo. Así se demostrou este xoves na manifestación convocada pola Federación...

O Atlantic Pride consolida á Coruña como capital da diversidade e o orgullo do noroeste peninsular

A sétima edición do Atlantic Pride, afianzou a posición da Coruña como a cidade...

As Xubias, Os Castros, Feáns, Monelos, Peruleiro- Mariñeiros, As Xubias e O Portiño métense de festa

Coruña vivirá unha das fins de semana máis intensas do verán en canto a...

Só ás couzas quedan na Casa Cornide

Non queda nada na Casa Cornide. O edificio, aínda propiedade dos Franco, pero en...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here