InicioA CORUÑAMáis de 150 personalidades da cultura herculina asinan un Manifesto “pola dignidade...

Máis de 150 personalidades da cultura herculina asinan un Manifesto “pola dignidade e as boas prácticas” na Fundación Luís Seoane

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Unha gran parte do sector cultural coruñés e galego vén de asinar un documento en contra das malas prácticas no recente concurso para a dirección da Fundación Luís Seoane, que destapou o Xornal da Coruña e que vén denunciando o colectivo cultural herculino, entidades do sector como ADACE e algún grupo da oposición.

Entre os máis de 150 asinantes figuran o coruñés Manuel Segade, director do Reina Sofía, a cineasta Margarita Ledo, o fotógrafo Xoan Piñón e a escritora Chus Pato.

MANIFESTO POLA DIGNIDADE E AS BOAS PRÁCTICAS NA CULTURA DA NOSA CIDADE

As persoas e entidades asinantes, vinculadas ao ámbito da cultura e das artes na Coruña e no resto de Galicia, queremos expresar públicamente o noso fondo malestar ante o recente proceso de selección da dirección da Fundación Luis Seoane, un concurso que evidenciou graves deficiencias, falta de transparencia e prácticas alleas aos principios de equidade e mérito que deben rexer a xestión cultural pública.

A Fundación Luis Seoane é unha das institucións máis valiosas do patrimonio contemporáneo do noso país. A súa situación actual — marcada pola inestabilidade, a improvisación e o abandono— non é un caso illado, senón o reflexo dun modelo cultural municipal sen planificación, sen diálogo e sen compromiso real co tecido artístico da cidade e alleo, ademáis, aos importantes debates culturais do momento presente.

Reclamamos do Concello da Coruña unha rectificación inmediata: a revisión do proceso de selección para a dirección da Fundación Luís Seoane, e a posta en marcha dun modelo de gobernanza baseado nas boas prácticas, na transparencia e na participación profesional e
cidadá. A cultura non pode seguir sendo tratada como un instrumento propagandístico nin como un espazo de nepotistmo e clientelismo.

A cultura é identidade, pensamento crítico e futuro. Non pode ser unha entidade secundaria nin decorativa. Exiximos respecto polo traballo dos creadores/as, das profesionais e das institucións que sosteñen o noso patrimonio común. Queremos unha política cultural pública estable, aberta e rigorosa, que faga da Coruña e de Galicia territorios de liberdade e creación, non de opacidade e improvisación.

Por unha cultura con ética, con planificación e con dereitos.
Pola dignidade das artes e pola responsabilidade pública.
Non máis malas prácticas. Non máis silencio. A cultura merece respecto.

ASINANTES

  • 1) Manuel Segade, director Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía
  • 2) Ana Romaní, escritora
  • 3) Margarita Ledo, directora de cine
  • 4) Ignacio Pérez-Jofre, Artista e Vicedecano Cultura, Facultade BBAA Pontevedra
  • 5) Suso de Toro, escritor
  • 6) Anxel Huete, artista
  • 7) Pepe Barro, deseñador, ilustrador e escritor
  • 8) Francisco Leiro, artista
  • 9) Celso Álvarez Cáccamo, profesor UDC
  • 10) Santiago Olmo, director CGAC
  • 11) Damián Ucieda, fotógrafo
  • 12) Eva Veiga, poeta
  • 13) Rosendo Cid, artista
  • 14) Carla Souto, artista
  • 15) Claudia Delso, investigadora e xestora cultural
  • 16) Paula Santomé, artista
  • 17) Alberto Ruiz de Samaniego, profesor e escritor
  • 18) Rodríguez-Mendez, artista
  • 19) Antón Lopo, escritor
  • 20) Xoán Piñón, fotógrafo
  • 21) Javier Pérez Buján, director artístico Fundación Laxeiro
  • 22) Berio Molina, artista
  • 23) Suso Montero, escenógrafo
  • 24) Luz Darriba, artista
  • 25) María Gil Martínez, historiadora da arte USC
  • 26) Tono Correa Corredoira, artista
  • 27) Pedro de Llano Neira, profesor historia da arte USC
  • 28) Xavier Seoane, escritor
  • 29) Misha Bies Golas, artista
  • 30) Ruth Varela, presidenta da delegación da Coruña do COAG
  • 31) Paula Barreiro, investigadora e profesora universidade Toulouse II
  • 32) Mercedes Rosón, xestora cultural
  • 33) María José Ruiz Vázquez, restauradora
  • 34) Álvaro Negro, artista
  • 35) Vicente Blanco, artista e profesor USC
  • 36) Francisco Salas, galerista
  • 37) Emma Crichton, fotógrafa
  • 38) Pablo Fidalgo, escritor e curador
  • 39) Rosalía Pazo Maside, artista
  • 40) María Marco, crítica de arte
  • 41) Juan de Nieves, curador independente
  • 42) Almudena Fernández Fariña, artista
  • 43) Germán Labrador, investigador e curador
  • 44) Salvador Cidrás, artista e profesor USC
  • 45) Chus Pato, poeta
  • 46) Alejandra Pombo Su, artista
  • 47) Lalo Vilariño, activista cultural
  • 48) Luz Pichel, poeta
  • 49) Ángel Calvo Ulloa, curador independiente
  • 50) Lois Patiño, director cine
  • 51) Juan Canela, curador MAC Panamá
  • 52) Chus Villar, galerista
  • 53) Sabrina Fernández Casas, artista
  • 54) Xosé María Alvárez Cáccamo, escritor
  • 55) Elena Pérez-Ardá López, C-MAP coordinator International Program, MoMA
  • 56) Diego Vites, artista
  • 57) Miriam Pérez Fernández, galerista
  • 58) Ana Cermeño, xornalista
  • 59) Nicolas Combarro, artista e curador
  • 60) Ralf Juergens, presidente asociación cultural do Picho
  • 61) David Barro, director de Es Baluard Museo d’Art Contemporani de Palma
  • 62) Luis López Alonso, escritor
  • 63) Asunta Rodríguez, galerista
  • 64) Mónica Caamaño, actriz
  • 65) Iago Carro, Ergosfera
  • 66) José Manuel Sande, escritor e programador cinematográfico
  • 67) Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente AELG
  • 68) Susana González, curadora e xestora cultural
  • 69) Pepe Coira, guionista
  • 70) Xurxo Taxes, historiador e comisario
  • 71) Alejandra Lata, libreira
  • 72) Javier de la Rosa, artista
  • 73) Mónica Mura, artista multidisplinar
  • 74) María José Rodríguez Blanco, coleccionista
  • 75) Verónica Moar Suárez, artista
  • 76) Violeta Janeiro, historiadora da arte
  • 77) Manuel Vázquez, artista e deseñador estratéxico
  • 78) Miguel Leiro, deseñador
  • 79) Imanol Bértolo, editor
  • 80) Fran Rodríguez Casal, fotógrafo e editor
  • 81) Mela Dávila Freire, investigadora e editora independiente
  • 82) Isabel Bugallal, xornalista
  • 83) Antonio Cervera Fontenla, xestor cultural, curador e investigador
  • 84) Manuel Outeiriño, Profesor da USC
  • 85) Rexina Vega, Profesora e escritora
  • 86) Ignacio Castro, filósofo
  • 87) Luisa Iglesias, economista
  • 88) Natalia Balseiro, xestora cultural
  • 89) Jesús Valmaseda, Escultor
  • 90) Alberte Branco, director de fotografía
  • 91) María Pilar Campo Domínguez, Escritora
  • 92) Carlos Maciá, artista
  • 93) Irene Grau, artista
  • 94) José Manuel Mouriño, investigador e cineasta
  • 95) Alba Cacheda, mediadora cultural
  • 96) Juan Adrio, artista e director EASD Mestre Mateo
  • 97) Xulio L. Valcárcel, escritor e editor
  • 98) Rocío Fraga Sáenz, socióloga e técnica de igualdade
  • 99) Diego Santomé, galerista
  • 100) Carmen Ciller Tenreiro, directora máster cine UC3M
  • 101) Celda Pesqueira, arquitecta
  • 102) Fernando Blanco, pintor e arquitecto
  • 103) David Garabal, historiador da arte
  • 104) Carlos Suárez López, coleccionista
  • 105) María Peña Lombao, crítica de arte ABC Cultural
  • 106) Fátima Otero Bouza, crítica de arte
  • 107) María América Díaz, xestora e comunicadora cultural
  • 108) Mery Pais, artista
  • 109) Xelis de Toro, escritor
  • 110) Carmen Verdú, fotógrafa
  • 111) Manolo Paz, escultor
  • 112) Henrique Rabuñal, poeta e escritor
  • 113) Marisa Sobrino, catedrática historia da arte USC
  • 114) Ramón Nicolás, docente e crítico literario
  • 115) Suso Fandiño, artista e investigador
  • 116) Adolfo Sobrino, galerista
  • 117) Alba Marinho Souto Carrillo, historiadora da arte
  • 118) Baldo Ramos, poeta e pintor
  • 119) Luciano Rodríguez, crítico literario e tradutor
  • 120) Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e editor
  • 121) Francisco Sampedro, filósofo
  • 122) Xosé Lois Gutiérrez, editor
  • 123) Fidel Vidal, Psiquiatra
  • 124) Joel Blanco, deseñador
  • 125) Tatiana Medal, artista
  • 126) Iria Ramos, historiadora da arte
  • 127) Lois Bua, artista
  • 128) Daniel Amarelo, investigador e profesor UOC e EOI
  • 129) Rubén Santiago, artista
  • 130) Manuel Eirís, artista e profesor
  • 131) Juan Outeiral Bar, coleccionista
  • 132) Xiao Varela Gómez, arquitecto
  • 133) Felipe Lage Coro, productor de cine
  • 134) Carme Nogueira, artista
  • 135) Carlos Ares, guionista
  • 136) Marina Río Fra, traballadora cultural
  • 137) Xurxo Chirro, cineasta e historiador
  • 138) Martin Pawley, crítico de cinema e divulgador científico
  • 139) Plácido Lizancos, profesor Escola Arquitectura UDC
  • 140) Ánxeles Cuña Boveda, directora de Sarabela Teatro
  • 141) Patricia Gabeiras, abogada
  • 142) Jorge Varela, artista e profesor de Belas artes UVigo
  • 143) Sofía Santos, profesora USC
  • 144) Ainhoa Fernández Moreira, xestora cultural
  • 145) Paula Lage, empresaria
  • 146) Cristina Sánchez, arquitecta
  • 147) María Pilar García Negro, escritora
  • 148) Arturo Casas, catedrático da USC
  • 149) Anxo Cabada, fotógrafo
  • 150) Borja Santomé, artista
  • 151) Carlos Méixome, historiador
  • 152) Manuel Forcadela, profesor da USC
  • 153) Manolo Figueiras, artista
  • 154) Xosé Fraga, científico e escritor
  • 155) Vítor Mejuto, pintor
  • 156) María Barros, deseñadora
  • 157) Pepe Galán, escultor

Novas do proceso

Correa Corredoira: “Fago un chamamento á refundación da Luís Seoane”

O BNG e Sumar tamén denuncian o polémico concurso da Fundación Luís Seoane

ADACE cuestiona “a equidade do concurso e a confianza na gobernanza da Fundación Luís Seoane”

O concurso da praza de “directora substituta” da Fundación Luís Seoane, novo exemplo do abandono dunha da xoias culturais da cidade

ÚLTIMAS

Última recta para a necesaria licitación do novo convenio da Planta de Nostián

Coa concesión caducada dende 2019, a Planta de Nostián segue operando agravando unha  problemática...

O profesorado conmemora unha marcha fúnebre polo ensino público na súa primeira xornada de folga

Con menos incidencia da que debería entre as familias (si que conta co apoio...

Localizan o corpo sen vida dun home de 66 anos que desapareceu cando pescaba na zona das Esclavas

O corpo sen vida dun home de 66 anos que desapareceu na Coruña cando...

(Vídeo) Retiran unha balea de 30 toneladas que apareceu morta na costa da Coruña

Efectivos participaron este martes nun operativo para a retirada do mar dunha balea de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here