InicioCULTURABoyanka Kostova, protagonista do AgoraSón

Boyanka Kostova, protagonista do AgoraSón

Publicada o

Por editor

O vindeiro sábado 14 de outubro a nova edición do AgoraSón de outono, trae como protagonista un dos grande referentes da nova era da música galega contemporánea. Boyanka Kostova en concerto encherá o auditorio do Ágora cos seus ritmos caribeños, o sábado 14 ás 21:00h no marco da celebración do Día das Bibliotecas, promovida polo equipo de profesionais do Servizo de Normalización Lingüística, coa colaboración da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña.

A actuación de Boyanka Kostova, un dúo compostelán que foi pioneiro no xénero do trap en galego, dá continuidade á aposta do Concello polos artistas da nosa terra en citas como o AgoraSón, que en edicións previas contou con Luar na Lubre, as Tanxugueiras e Ruxe Ruxe, entre outros.

Temazos como Diego Tristán compartirán protagonismo con esas mesturas tan nosas como Muinheira de interior.

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña prepara os trámites para a intervención na vivenda tras declararse mercado tensionado

O Concello da Coruña ultima os trámites para actuar no mercado do aluguer tras...

Investigan un aviso de bomba no CHUAC que acabou sendo unha falsa alarma

A Policía Nacional investiga a autoría dun aviso de bomba no complexo hospitalario coruñés...

Xuíces da Coruña rexeitan crear unha praza de Violencia sobre a Muller “a costa” de Instrución

Xuíces e xuízas dos órganos de Instrución da Coruña alertaron de "prexuízos moi considerables"...

O BNG da Coruña pide a cancelación do concerto de Diego ‘El Cigala’, condenado por violencia de xénero

O BNG pediu ao Concello da Coruña que cancele a actuación de Diego 'El...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here