InicioARTEIXOArrincou unha nova edición da Universidade Sénior de Arteixo

Arrincou unha nova edición da Universidade Sénior de Arteixo

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Onte, luns 9 de outubro, arrincou no Centro Cívico Cultural de Arteixo, a primeira das sesións da nova edición do Programa de Democratización do Coñecemento que impulsa a Universidade Sénior para as persoas maiores de 50 anos de Arteixo.

Son 39 as persoas matriculadas nesta iniciativa deslocalizadora da Universidade da Coruña, que trata de manter activos e cheos de coñecemento aos maiores da comarca. 

directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez, e maila concelleira, Inés Ramos Álvarez. 
A directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez, e maila concelleira, Inés Ramos Álvarez, presentaron o acto de inauguración

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas: 

MÓDULO I: “ARTE E PATRIMONIO” 

  • 9 de outubro. “Unha filosofía da amizade: Michel de Montaigne”. Prof. Alberto Sucasas Peón 
  • 10 de outubro. “Divertimentos amorosos nos cartóns de Goya”. Prof. J. de Dios Ruano Gómez 
  • 16 de outubro. “Picasso, ruptura da historia”. Prof. José Ramón Soraluce Blond 
  • 17 de outubro, de 10:30 a 13:30 horas. Visita cultural 
MÓDULO II: “CIENCIA E TECNOLOXÍA” 
  • 23 de outubro. “Matemáticas, existen en todas partes?”. Prof. Mª Cristina Naya Riveiro  
  • 24 de outubro. “Importancia da Ciencia e a Tecnoloxía na Historia e na Sociedade Actual”. Prof. Juan José Galán Díaz 
  • 30 de outubro. “Xeobotánica, a Ciencia que nos fai entender e valorar a nosa contorna”. Prof. Javier Cremades Ugarte 
  • 31 de outubro. Saída de campo
 

MÓDULO III: “SAÚDE E BENESTAR” 

  • 7 de novembro. “Xenéticamente deseñados para o movemento”. Prof. Esther Fernández Fernández 
  • 8 de novembro. “Durmir ben, vivir mellor: Importancia do sono para unha vida plena”. Prof. Carmen de Labra Pinedo  
  • 13 de novembro. “Tecnoloxía para a Saúde e a Vida Activa”. Prof. Betania Groba González e Prof. Laura Nieto Riveiro. 
  • 14 de novembro. Sesión práctica de Nutrición 

 

O día 14 de novembro, a partir das 19 horas, terá lugar o Acto de clausura entrega de diplomas. 

 

ÚLTIMAS

A Deputación da Coruña destina 160.000 euros á RAG e á UNED para o impulso cultural e educativo

A Deputación da Coruña e a Real Academia Galega (RAG) formalizaron este luns un...

CCOO acusa de “intoxicación” a quen fala dun acordo no conflito do téxtil da Coruña

Comisiones Obreras (CC.OO.) denunciou que "mensaxes difundidas" sobre un "inminente acordo" no conflito do...

Nova xornada de folga no transporte de viaxeiros na Coruña, con “paro total”, segundo os sindicatos

Traballadores e traballadoras do sector do transporte de viaxeiros na provincia da Coruña están...

Cortado ao tráfico a ligazón entre a AC-10 e a AC-11 pola reforma de Alfonso Molina

O avance das obras de reforma da Avenida Alfonso Molina da Coruña obrigará a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here