InicioCULTURAViggo Mortensen estréase como poeta na Coruña

Viggo Mortensen estréase como poeta na Coruña

Publicada o

Por Ángela Precedo

O actor Viggo Mortensen estará o próximo mes de novembro na Coruña para mostrar a súa faceta como poeta dentro do ciclo ‘Poetas Di(n)versos’, onde compartirá un recital co Xosé Iglesias, o mariñeiro-poeta ceense.

O estadounidense e o mariñeiro e poeta de Cee serán os protagonistas dunha das entregas do ciclo de poesía da cidade herculina, que tamén traerá no último trimestre do ano ao Centro Ágora á estoniana Kai Aerelei e a nicaraguana Gioconda Belli.

O ciclo impulsado polo Concello da Coruña e fundado e dirixido por Yolanda Castaño, gañadora recentemente do Premio Nacional de Poesía 2023, está asentado no panorama galego como unha cita de referencia na programación cultural de Galicia.

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

Seleccionado un proxecto sobre o cancro da investigadora da UDC Elena Pazos polo CICA

A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here