InicioSOCIEDADEUnha cadea humana rosa rodeou a Praza de Lugo

Unha cadea humana rosa rodeou a Praza de Lugo

Publicada o

Por editor

Fermosa e emotiva mañá, a pesar da chuvia constante, a que se viviu este xoves 19 de outubro na Praza de Lugo. No marco do Día Mundial Contra o Cancro de Mama, a Asociación Española Contra o Cancro organizou en numerosas cidades do estado unha serie de Cadeas Humanas Solidarias que xuntou a máis de 3.000 persoas.

Foron moitas as persoas que se animaron a rodear a Praza de Lugo coa súa solidariedade, coas súas máns, volvendo a demostrar que a loita contra o cancro de mama é unha necesidade social.

Na rolda de prensa, a Asociación na Coruña tratou a importancia da loita contra a enfermidade dende os ámbitos sanitarios, da investigación e do apoio ás pacientes e familias, concienciando sempre á sociedade na necesidade de ad¡antarse á enfermidade dende a prevención e a detección precoz.

Cadea Humana Solidaria na Praza de Lugo polo Cancro de Mama

Cancro de mama: o máis diagnosticado nas mulleres

A entidade lembra que o cancro de mama é o máis diagnosticado en mulleres galegas, con 2.248 diagnósticos o pasado ano, dos que case 1.000 novos casos foron na provincia coruñesa, a máis afectada en Galicia.

Co lema da súa campaña, o “O Rosa é máis que unha cor” reinvindican que é necesario “contar con máis investigación, detección precoz e apoio para responder á realidade das pacientes que conviven con esta enfermidade e as súas familias”.

Valoran que “aínda que é certo que a supervivencia media de cancro de mama a 5 anos aumentou ao 85%, non todos os tumores son iguais. É necesario mellorar o coñecemento sobre o cancro de mama triple negativo, o cancro máis agresivo e maior capacidade de crecemento e proliferación”.

ÚLTIMAS

A música urbana galega abre o Beat Out

O Parque de Santa Margarida vibra esta fin de semana co Beat Out. O...

O Flores Rock celebra 10 anos con 3 días de concertos

O Barrio das Flores volverá converterse a comezos de setembro nun dos grandes puntos...

A Coruña inicia a humanización da rúa Páramo cun investimento de case 340.000 euros

O Concello da Coruña iniciou esta semana as obras de humanización da rúa Páramo,...

O Festival de cinema fantástico Lóstrego regresa ao Fórum Metropolitano

O Festival de Cinema Fantástico e de Terror Lóstrego, volve ao Fórum do 2...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here