InicioSOCIEDADEA Policía Local da Coruña gaña un premio nacional ás Boas Prácticas...

A Policía Local da Coruña gaña un premio nacional ás Boas Prácticas na Educación Viaria

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Policía Local da Coruña resultou gañadora do Premio ás Boas Prácticas na Educación Viaria nos VIII Premios Nacionais de Seguridade e Educación Viaria para as Policías Locais. José Manuel Rico, intendente do 092 coruñés, e a concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz, recibirán o galardón este martes, 24 de outubro, nunha cerimonia que se terá lugar en IFEMA (Madrid), no marco da IV Convención Nacional sobre Seguridade Viaria das Policías Locais.

Estes premios outórgaos a Unijepol, en colaboración coa Federación Española de Municipios
e Provincias (FEMP) e a Dirección Xeral de Tráfico. O xurado decidiu outorgarlle ao Concello
da Coruña este galardón polo traballo da Policía Local nos centros educativos da cidade. O 092 participa activamente desde hai máis de vinte anos na formación do alumnado co obxecto de familiarizar os cativos e cativas coa contorna urbana, co desenvolvemento de condutas seguras e de autoprotección, coa adquisición de autonomía nos seus desprazamentos ou co cumprimento das normas de convivencia.

No curso pasado instruíron a máis de 3.000 alumnos e alumnas de todos os ciclos formativos con programas como ‘Os parruliños coñecen a rúa’, simulacros de accidentes de tráfico, marchas ciclistas escolares, saídas interactivas, obradoiros de apoio á mobilidade ou programas de formación e prevención a colectivos de risco.

 

ÚLTIMAS

O comité de Jevaso convoca unha concentración para esixir o pago dos atrasos salariais e a actualización das nóminas

O comité de empresa de Jevaso anunciou a convocatoria dunha primeira concentración de protesta...

A Agrupación Ío organiza unha charla sobre a protección do medio espacial

O Planetario da Casa das Ciencias da Coruña acolle este martes 4 de novembro...

Xulgan na Coruña unha muller acusada de violar un domicilio e roubar obxectos nun vehículo familiar

A Audiencia Provincial da Coruña acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro...

Tiruleque rende homenaxe á Repichoca no seu novo disco e no concerto no Colón

Tiruleque saca á venda o que será o seu quinto disco de estudio. Tras...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here