InicioDEPORTESAs árbores e o bosque do Dépor

As árbores e o bosque do Dépor

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 9 – UE Sabadell 0 – Depor 1
  • Vitoria dun Depor compacto e sufridor fóra da casa.
  • Noveno partido de Imanol Idiákez como adestrador do Dépor en partido oficial (2V | 5E | 2D)

Partido gris, escuro e moi pelexado polo Dépor para sumar tres puntos que marcan o camiño a sufrir nesta tempada. Porque se algo fixo ben o Dépor en Ponferrada e máis en Sabadell foi saber sufrir, porque neste barro da 1ª RFEF, un equipo que aspira a ascender ten que pásalo mal fóra da casa. A verdade é que o equipo fixo un perfecto Italian Job para sacar tres puntos dun xeito único, deixando claro a forma de xogar e de gañar nos campos imposibles deste barreiro de competición.

A semana pasada nesta mesma columna de análise e opinión, falabamos dun equipo que elevara a súa competitividade e que puidera marcar un punto de non retorno a ese errante comezo de tempada. Isto confírmase con esta nova vitoria despois de case dous meses da última, eleva a moral do equipo, dálle un respiro o adestrador e axuda a levar mellor a semana a afección.

Pero, ollo. Que as árbores nos deixen ver o bosque! Visto todo en conxunto, seguimos arrastrando gran cantidade de erros no xogo, seguimos sufrindo moito nos balóns colgados dende os laterais do campo e temos moi pouca pegada na portería rival, feito demostrado por só 8 goles en 9 partidos e que os pichichis do equipo sexan un central e un extremo dereito. Do Expediente X de Lucas e a súa nula aportación ao xogo, nas combinacións dos atacantes, nos desmarques e de cara a portería, mellor non falar. Falta fai traer un substituto para Barbero que axude a controlar esa parcela do campo e ampliar as opcións do ataque.

Ten o Dépor agora por diante dúas xornadas moi interesantes con rivais que comezaron moi ben a tempada: o líder Nástic de Tarragona e o Real Unión de Irún, colocado nos postos de playoff. Máis que polo que reflexará a clasificación despois destes dous próximos partidos, a reactivación das cabezas dos xogadores e a consecuente reactivación de pernas, sumar vitorias ante este rivais suporía un clara rotura da negatividade reinante dende o mes de setembro no seo do equipo. Haberá que seguir regando esas árbores para que o bosque luza florido no mes de marzo.  

 

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

ÚLTIMAS

A Coruña demostra que a vivenda é a máxima preocupación da sociedade cunha gran mobilización

Gran manifestación a vivida esta pasada tarde de sábado. Entre 10.000 e 20.000 persoas,...

Un home agride na Coruña a dúas técnicas de emerxencias e a un vixiante do Chuac

Un home agrediu na Coruña a dúas técnicas do servizo de emerxencias 061 e...

Morre un detido nunha operación antidroga nos calabozos da Garda Civil en Lonzas

Unha persoa detida e que se atopaba nos calabozos da Comandancia da Garda Civil...

O Centro de Arte FMJJ abre á cidadanía o seu novo espazo cultural na súa sede da Grela

Gaña un novo espazo cultural a cidade da Coruña. Se en 2018 perdía o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here