InicioPOLÍTICAO "Hospital Menguante", o exemplo de como a Xunta maquilla os Orzamentos...

O “Hospital Menguante”, o exemplo de como a Xunta maquilla os Orzamentos para a Coruña

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A repetición de partidas que non foron executadas o ano anterior é o truco máis habitual que usa o goberno popular da Xunta para asegurar o seu “compromiso” cos diversos territorios. Acontece de novo cos Orzamentos da Xunta 2024.
“A Xunta de Galiza gábase dun maior esforzo que en pasados exercicios, porén, o certo é que se reiteran partidas que xa estaban consignadas en anualidades anteriores, mais que non se chegaron a executar. Falamos aquí da Fachada Marítima, o Centro de Saúde de Santa Lucía, o Rexurbe Coruña ou o Albergue de Peregrinos”.

Así resumiu Francisco Jorquera o procedemento utilizado polo Goberno Galego para presentar como expansivo un orzamento “nada críbel” dados os precedentes. O BNG califica as cifras dos Orzamentos para Coruña como “ficticios”.

EXEMPLOS

“O exemplo paradigmático témolo na partida destinada ao denominado como novo CHUAC. Nas contas aparecen 41 millóns de euros, 5,5 menos do que figuraba na previsión de 2023 e 44,6 menos do que se anunciara en 2022″, explican, lamentando que nos atopamos ante o “Hospital Minguante

Outros exemplos do que o BNG considera como “un orzamentos propagandísticos” é o Ecobarrio de Elviña, un proxecto para o que o daquela presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anunciou en agosto de 2019 un investimento de 33 millóns de euros. “Pasados catro anos daquel rimbombante anuncio, como di a frase popular, se te vin non me lembro…”.

Mercado de vivenda

Lembran dende o BNG o exercición de “vender fume” como fixera coa pasarela de Santa Cristina, e critica a súa oposición á declaración da Coruña como mercado residencial tensionado.
“Quero lembrar que a Xunta é quen ten as principais competencias en materia de vivenda. A súa oferta de moradas públicas na Coruña é ridícula. E, alén diso, nos últimos anos deixou de executar máis de 70% do orzamento para vivenda”, denunciou.

A comarca

Tamén critica a falta de investimentos na “comarca da Coruña, composta polos concellos da Coruña, Arteixo, Oleiros, Culleredo, Cambre, Carral, Cerceda e Sada, que ten case 400 mil habitantes e suma moitas potencialidades como motor industrial e económico. E como responde a Xunta ante esta realidade? Pois cunhas contas rutineiras, e sen un só euro para Carral, Cerceda, Culleredo, Cambre e Oleiros e con partidas menores para Arteixo e Sada”.

Mercedes Queixas denuncia que non hai o máis mínimo impulso en política industrial -a pesar de a Xunta ter competencias exclusivas- nin tampouco en materia de mobilidade -coa Vía Ártabra paralizada e sen gratuidade para a AG-55”.

Lembra que non hai previsión de construción de novos centros en Arteixo e Cambre a pesar do incremento da poboación neses concellos.

ÚLTIMAS

Decretan emerxencia sanitaria en Cambre para contratar de forma urxente a limpeza en colexios

A alcaldesa de Cambre, María Pan Lesta, acaba de asinar un decreto co que...

Un estudo da UDC apela ao papel das novas tecnoloxías para garantir “transparencia” en catástrofes marítimas

Responsables do terceiro volume do Anuario de Estudos Marítimos, que edita o Instituto Universitario...

Aprobada unha moción no Concello da Coruña para revisar o convenio de 2004 sobre o futuro dos peiraos

O pleno da Coruña aprobou este xoves, por unanimidade, unha moción para a revisión...

Operación Ospyl: incautadas miles de agullas e tintas de tatuaxe de contrabando

A Garda Civil realizou unha inspección de 23 locais de tatuaxe, micropigmentación e piercing na provincia da Coruña...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here