InicioCULTURAHomenaxe ao coruñesismo “libre e inconformista” de Luísa Villalta

Homenaxe ao coruñesismo “libre e inconformista” de Luísa Villalta

Publicada o

Por editor

Permitiu o carrusel de borrascas celebrar a homenaxe que o Concello de Coruña quixo render a Luísa Villalta neste Día de Defuntos, no marco da a tradicional ofrenda floral de Todos os Santos no cemiterio de Santo Amaro, e coincindo co 20 aniversario do seu pasamento

A expedición realizou a primeira parada diante da Cruz dos Esquecidos onde a coral Follas Novas interpretou dous temas. A rexexora Inés Rey, acompañada por María Gómez e Susana Villalta, nai e irmá da poeta, reivindicou o coruñesismo “libre e inconformista” da figura escollida pola Real Academia Galega para a conmemoración das Letras Galegas 2024. “Os seus versos expresaron con fonda paixón o seu amor á cidade mais tamén un ansia de rebeldía irrenunciable” explicou.“

Cemiterio San Amaro homenaxe Luisa Villalta

A xornada, que serviu para lembrar ademais aos pasaxeiros do voo 118 de Aviaco, con motivo do 50 aniversario da traxedia aérea de Montrove.
“Desde hai case dez anos, grazas á iniciativa das familias, as vítimas son recordadas cun monumento neste cemiterio de San Amaro e hoxe a cidade volve lembralos 50 anos despois da gran traxedia” sinalou a alcaldesa, quen dispuxo unha coroa de loureiro sobre o monumento.
O acto concluíu coa homenaxe aos Mártires pola Liberdade, en recordo a todas as vítimas do franquismo na Coruña.

Máis novas

Luisa Villalta será a homenaxeada o Día dás Letras Galegas 2024

Coñecendo o Cemiterio de Santo Amaro coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda

ÚLTIMAS

Nova multitudinaria manifestación na Coruña trala xornada de folga xeral por Palestina

Valoración máis que positiva da xornada de folga xeral e das mobilizacións deste 15...

A xornada de folga para “parar o xenocidio” arrincou coa mobilización do estudantado

Arrincaron as mobilizacións públicas no marco da folga xeral convocada este 15 de outubro...

O Burgo acollerá o Outubro Folk

O Paseo Marítimo do Burgo será o escenario, os próximos 24 e 25 de...

A ‘asasina de anciás’ de Cataluña volve ao punto de mira: investigan a Remedios S. por unha morte en Monelos

Remedios S.S., a galega condenada por matar a anciás en Cataluña hai case dúas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here