InicioMOV. SOCIAISOs Bombeiros responden así ás ameazas das administracións

Os Bombeiros responden así ás ameazas das administracións

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este pasado martes, as 4 diputacións e a Xunta de Galicia lanzaban un comunicado ameazante aos sindicatos convocantes das mobiilizacións dos Bombeiros dos Corsorcios provinciais. Tras analizalo, e despois de avaliar o estado das “negociacións”, o colectivo de Bombeiros vén de emitir un comunicado de resposta, de 8 páxinas, asinado a 1 de novembro por todos os sindicatos (UGT, CCOO, CIG, SIBGAL, CSIF e USO).

Primeiramente os Bombeiros lembra a participación da UNESPA (Unión Española de Entidades Aseguradoras) no financiamento do Consorcio, criticando o ocultismo das administracións, que non inclúen nos seus portais de transparencia as partidas orzamentarias para a prestación do Servizo Contraincendios e Salvamento.

Os sindicatos lembran que a día de hoxe teñen aínda peores condicións que ata que en 2018 os Corsorcios rescataron o servizo, considerando que a xestión pública e directa sería máis “sostible e eficiente”. Así, denuncian as actuais administracións públicas “obvian” “os dereitos recollidos nos nosos convenios colectivos, arrastrados dende a xestióin privada”, como por exemplo, “o sistema de revaloriación salarial anual, retribución de horas extras ou a carreira profesional”.

Un dos grandes cabalos de batalla é a fixeza dos postos de traballo subrogados. Os sindicatos lembran que este punto xa está nas mans da xustiza. As administracións deixaban claro o seu interese de “pór en marcha un proceso selectivo atendendo aos principios de publicidade, obxectividade e concurrencia”. Os sindicatos, que debullan a Lei de Contratos do Sector Público no escrito enviado, critican que as administracións incumpren varias partes do convenio asinado o seu día, polo que dubidan da “boa fe negociadora” á que as administracións fan referencia no seu comunicado. “Non se dan conta de que chegan 4 anos e medio tarde?” denuncian os sindicatos.

A problemática ademais axigántase porque cada consorcio provincial ten un convenio diferente coa parte traballadora, e pesar das continuas peticións dos traballadores por unificalas. Con todo, “o tempo de unificar convenios quedou atrás”, lamentan.

Os sindicatos queren razóns, datos, por que a proposta enviada “non é viable económica nin xurídicamente”. “Un porque non non é unha resposta seria” e moito menos despois de demolorala dende o 13 de xullo que se lles fixo entrega da mesma”, relantan. “Precisamos saber que aspectos da nosa proposya son os que non lles encaixan e abrir vía de diálogo sobre cada un deles”, propoñen.

Sobre a velada ameaza sinalada no comunicado das administracións (“a rotura unilateral dun acordo firme e negociado por unha das partes pode ter diversas consecuencias”) os sindicatos son máis directos: “Temos que admitir que non deixa de sorprendernos o atrevemento con que esquecen os seus incumprimentos (50 meses), máis agradecemos que nos aclaren que a súa falta de compromiso pode invalidar calquera acordo. É unha magoa que por mor dese xeito de actuar que sosteñen, teñamos que estar xudicializando dende o recoñecemento da fixeza dos nosos contratos de traballo, ata o pago das horas extraordinarias que vostedes aboan por debaixo do valor da hora ordinaria, pasando polo desfrute do permiso de lactancia de calquera pai”.

Sobre o novo protocolo de reunións que as administracións solicitan para a negociación, os sindicatos lembran que xa propixeron dúas reunións semanas “e foron as administracións as que impuxeron o seu criterio para facer reunións cunha periodicidade non superior a 15 días. Compromiso que novamente se incumpriu pola súa banda”.

Rematan a misiva deixando patente a “decepción” da parte traballadora, cansos xa da folga, e das mobilizacións dende o 15 de xuño deste ano, pero invitan a unha nova reunión o 6 de novembro ás 10:30 no Consello Galego de Relacións Laborais, onde xa hai unha sala reervada.

Para esa piden varios informes cos orzamentos dos 4 Consorcios das achegas da Xunta, Deputacións, Concellos de máis de 20.000 habitantes, recadación de taxas e achegas da UNESPA entre 2018 e 2023. Invitan a manter dúas reunións semanais e esperan retomar o camiño do diálogo.

Novas relacionadas

Máis de 300 Bombeiros maniféstanse na Coruña ante unha enorme despregadura policial

Máis de 300 Bombeiros maniféstanse na Coruña ante unha enorme despregadura policial

 

ÚLTIMAS

O Concello sacará a concurso o contrato para o novo Plan de Equipamentos Deportivos

No marco da folga de conserxes, pero sen facer referencia algunha, o Concello da...

Ollo, cortes en Alfonso Molina na saída cara á AP-9/Palavea este martes

As obras de remodelación da avenida Alfonso Molina, na cidade da Coruña, que realiza o Ministerio...

A Policía propón sancionar a 165 afeccionados polos altercados do Dépor-Málaga

A Policía elevou a un total de 165 afeccionados as propostas de sanción polos...

Renfe prestará servizo con 500 servizos de bus para facilitar a mobilidade polas obras na estación da Coruña

Renfe modificará o servizo e habilitará un plan alternativo de transporte por estrada con...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here