InicioMOV. SOCIAISAs traballadoras das Escolas Infantís reividican na rúa a súa relevancia social

As traballadoras das Escolas Infantís reividican na rúa a súa relevancia social

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Esta mañá de mércores 8 de novembro tivo lugar nas rúas da cidade a terceira xornada de folga e de manifestación das traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta. Realmente só puideron asistir as segundas, as das escoliñas municipais, unha vez que os servizos mínimos postos pola Xunta de Galicia para as privadas son absolutamente abusivos, obrigando a manter unha docente por aula, coma se se nesta etapa houbese moitos apoios.

Si recuou o Concello da Coruña, que implatara unhas medidas semellantes nas primeiras folgas, despois de que na manifestación de hai 15 días as traballadoras chegasen ata María Pita.


As mestras do ensino das nosas crianzas no primeiro ciclo de Educación Infantil (etapa 0-3 anos), saíron esta mañá da Praza de Pontevedra e chegaron ao Obelisco, no marco das mobilizacións convocadas polos sindicatos CIG-Ensino, CCOO Ensino e SNEP tamén en Vigo e en Compostela, diante da patronal CEG.

As docentes teñen claro que a sociedade ten que comezar a valora, como merecen, a súa profesión. Así, reinvidican “a relevancia e recoñecemento da profesión. Non somos garderías, somos escolas”, sinalan. “O noso valor máis moito máis alá de ter os nenos e as nenas limpas, mantidos e entretidos ou vixiados. A principal finalidade da nosa actividade é potenciar as súas capacidades para que o seu progreso psicomotriz, afectivo, intelectual e social alcance o avance máis amplo posible e os prepare para as vindeiras etapas”.
”Por iso reivindicamos a dimensión educativa da nosa profesión e a inclusión desra etapa no ámbito educativo” obrigatorio. “Nós non gardamos, nós educamos”, lembran con rotundidade.

En materia laboral, demandan o “bloqueo da patronal á negociación do XIII convenio colectivo”, ademais de lembrar o seu rotundo rexeitamento á última proposta “miserenta e involutiva” presentada polo empresariado na reunión que tivo lugar o 2 de novembro, e que foi rexeitada por todas as organizacións sindicais..

Porque a realidade é que a día de hxoe os seus soldos apenas superan o Soldo Mínimo Interprofesional, tendo vixente “o convenio máis precarios dos todos os convenios existentes a día de hoxe no ámbito da ensinanza”.

Piden ademais melloras sociais denunciando os problemas que teñen para conciliar as profesionais que máis revirten nas conciliación das familias.
Denuncian que teñen 38 horas de atención directa (sen tempo para preparar as clases), cando no resto de convenios hai un máximo de 27 horas directas.

Manifestación en Compostela

O 15 de novembro está convocada a cuarta xornada de folga e para ese día haberá manifestación nacional en Santiago de Compostela, que sairá da Alameda, pasará pola sede da CEG e rematará na Praza de Praterías.

MÁIS NOVAS

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña prepara os trámites para a intervención na vivenda tras declararse mercado tensionado

O Concello da Coruña ultima os trámites para actuar no mercado do aluguer tras...

Investigan un aviso de bomba no CHUAC que acabou sendo unha falsa alarma

A Policía Nacional investiga a autoría dun aviso de bomba no complexo hospitalario coruñés...

Xuíces da Coruña rexeitan crear unha praza de Violencia sobre a Muller “a costa” de Instrución

Xuíces e xuízas dos órganos de Instrución da Coruña alertaron de "prexuízos moi considerables"...

O BNG da Coruña pide a cancelación do concerto de Diego ‘El Cigala’, condenado por violencia de xénero

O BNG pediu ao Concello da Coruña que cancele a actuación de Diego 'El...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here