InicioBARRIOSSofía Espiñeira e Yudith Almeida emocionan nun peche musical que namorou ao...

Sofía Espiñeira e Yudith Almeida emocionan nun peche musical que namorou ao público de Mulleres na Rúa


Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Semana Mulleres na Rúa, artellada dende a Asociación de Veciños Oza – Os Castros – A Gaiteira, culminou este domingo no Fórum, cun concerto íntimo e profundamente emocional de Sofía Espiñeira e Yudith Almeida.
A actuación, concibida como unha viaxe narrada pola propia Sofía, converteu ás persoas asistentes en “tripulantes” dunha travesía musical guiada pola súa voz, a súa música e unha posta en escena cargada de simbolismo, que comezou coa entrada da artista portando un farol a modo de luz guía.

A través das súas cancións, Sofía Espiñeira tratou temas vinculados ás inxustizas sociais, entrelazando cada relato cunha complicidade co público que caracteriza o seu traballo. Ademais, fixo unha mención explícita para pronunciarse en contra da guerra de Gaza e de calquera outra guerra.

Yudith Almeida, ao contrabaixo, tocou con gran mestría, creando unha atmosfera envolvente e achegando á viaxe musical momentos de tensión e dinamismo. Utilizou o contrabaixo tamén como instrumento de percusión, xerando texturas sonoras. Un dos instantes máis celebrados foi a interpretación de “Herba de namorar”, coa que Sofía namorou ás persoas asistentes e consolidou unha conexión profunda coa sala.

A presentación do seu álbum “Xeografías” converteuse así nun espazo de reflexión artística e social que dialogou de forma natural co espírito do proxecto.

Mulleres na rúa

O programa Mulleres na Rúa pon en valor a importancia de crear referentes femininos e de asegurar a presenza das mulleres en todos os ámbitos, a importancia de ser nomeadas polas súas achegas á sociedade e traxectorias, para que as novas xeracións sexan o que queiran ser.
Co peche desta edición, o proxecto reafirma o seu compromiso coa memoria e a visibilización das mulleres, e anuncia que seguirá medrando. Novas accións e propostas están en marcha para ampliar aínda máis os referentes femininos, invitando á cidadanía a acompañar este camiño e a manterse atenta ao que vén.

Máis novas

Usuarios dos cursos dos Programa de Lecer do Fórum e do Ágora pregúntanse pola posible suspensión das asamblearias viaxes culturais

A Gaiteira reivindica as rúas con nome de muller

ÚLTIMAS

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás...

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here