InicioECONOMÍAOleiros e A Coruña encabezan a suba dos pisos de aluguer en...

Oleiros e A Coruña encabezan a suba dos pisos de aluguer en Galicia

Publicada o

Por editor

O prezo da vivenda en aluguer en Galicia segue en aumento e, con respecto a outubro do ano pasado, é un 7% máis cara. Ademais, tamén se eleva en comparación do mes anterior un 2,2%, o que segue a mesma tendencia que a media e atópase actualmente en 8,44 euros por metro cadrado, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa. É a sétima subida detectada en 2023 e Oleiros e a Coruña encabezan o ranquing desta suba.

No conxunto de España, o prezo da vivenda en aluguer en España situouse en 11,23 euros por metro cadrado no mes de outubro, cifra un 7,1% superior á do mesmo mes de 2022 e un 0,7% por encima da do mes de setembro, segundo os datos do Índice Inmobiliario de Fotocasa. Este repunte mensual do 0,7% é a primeira subida que rexistra o prezo do aluguer tras cinco meses consecutivos de descensos.

Por provincias, en tres das catro increméntase o prezo interanual da vivenda, de maneira que na Coruña sobe un 9,3%; en Pontevedra, un 4,7%; e en Ourense, incrementouse un 4,5%. Se se ten en conta o prezo, Pontevedra é a máis cara, con 9,30 euros/m2 ao mes; seguida da Coruña, con 8,59 euros/m2 ao mes; Ourense con 6,52 euros/m2 ao mes; e Lugo, con 6,37 euros/m2 ao mes.

En todos os municipios analizados o prezo das vivendas en aluguer incrementouse respecto ao ano anterior. A cidade de Oleiros é a que máis incrementos acumula en outubro cun 17%. Séguenlle, A Coruña capital, con 10,6%; Ourense capital (10,4%), Santiago de Compostela (9,9%), Ferrol (8,4%), Vigo (5,9%), Pontevedra capital (5,0%) e Lugo capital (2,0%).

A orde dos municipios por prezo é: Sanxenxo (13,87 €/m2 ao mes), A Coruña capital (10,43 €/m2 ao mes), Oleiros (9,70 €/m2 ao mes), Santiago de Compostela (9,69 €/m2 ao mes), Vigo (9,67 €/m2 ao mes), Pontevedra capital (8,37 €/m2 ao mes), Vilagarcía de Arousa (7,52 €/m2 ao mes), Ourense capital (6,81 €/m2 ao mes), Lugo capital (6,76 €/m2 ao mes), Ferrol (6,30 €/m2 ao mes) e Narón (6,17 €/m2 ao mes).

ÚLTIMAS

O centro da Coruña, totalmente limpo, mentres que Os Rosales-Labañou a recollida é do 5%

O lixo acumulado nas rúas da Coruña diminúe nunha nova xornada con colectores incendiados en...

Xa temos cartel do Festival Noroeste 2024

Este venres preséntase o programa completo da 37ª edición do Festival Noroeste. Como sempre,...

Así está a porcentaxe de limpeza do teu barrio

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta fixo onte balance estado actual da...

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

O Concello contrataba na tarde de onte á empresa Valoriza a recollida de lixo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here