InicioCULTURAUn videoxogo da UDC logra catro nomeamentos nos premios de PlayStation

Un videoxogo da UDC logra catro nomeamentos nos premios de PlayStation

Publicada o

Por europapress

O videoxogo ‘Avy, Fábulas de la Nopche’, realizado como traballo de final de máster que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, conseguiu catro nomeamentos aos Premios iokool PlayStation Talents, que promove Sony Interactive Entertainment España.

O xogo, que foi creado por alumnos do Máster en deseño, desenvolvemento e comercialización de videoxogos do campus da UDC en Ferrol, opta ao premio á Mellor Historia Orixinal, ao Xogo coa Mellor Arte, ao Mellor Xogo para Prensa e á Mención Especial Compromiso PlayStation.

Alicia Puentes, Diego Pérez, George Neighbour, Mónica García, Juan García e Sergio García –integrantes de Gamespond– son os alumnos que crearon a Avy, unha nena que viaxa a unha illa de fantasía e pesadelos repleta de xoguetes.

A gala de entrega de premios será en Madrid o vindeiro martes 12 de decembro a partir das 19,00 horas. Poderá seguirse tamén a través da canle de Twitch de PlayStation España.

Ademais, dentro dos premios de PlayStation optan, xunto a outros 24 proxectos, ao premio ao Mellor Xogo do Ano. O estudo independente que consiga este galardón recibirá un cheque por valor de 10.000 euros para o financiamento do seu proxecto.

OUTROS PREMIOS

Así mesmo, neste ano ‘Avy, Fábulas de la Noche’ xa conseguiu o premio a Mellor Xogo Cozy na IndieDevDay de Barcelona, ademais do premio especial de Crítica e o premio ao xogo con Mellor Arte no Kokoro Japan Expo de Vigo.

No 2022 o videoxogo foi finalista na categoría ao Mellor Xogo Cozy na Guerrilla Game Festival de Madrid e gañou o premio de Prata na Sección Indie no Videojugando que se celebrou en Soutomaior (Pontevedra).

ÚLTIMAS

Da rolda peonil ao Día sen Coches. Así remata a Semana Europea da Mobilidade

Remata hoxe martes 22 a Semana Europea da Mobilidade. Faino estatarde coa celebración do...

Afectados estafados por un ex axente de banca de Laxe aceptan o pago de indemnización pola entidade bancaria

Afectados estafados por un exagente de banca de Laxe aceptaron o pago dunha indeminazación...

O Joker de ‘A Primitiva’ deixa un millón de euros en Cambre (A Coruña)

O dono dun boleto de 'A Primitiva' validado en Cambre, percibirá un millón de...

Baixan os accidentes e emerxencias nas praias da Coruña: 665 incidencias este verán

Os servizos de salvamento do Concello da Coruña destacaron un "descenso xeral" no número...