InicioARTEIXOAsí é o MAHI, o Museo de Automoción e Historia da Coruña,...

Así é o MAHI, o Museo de Automoción e Historia da Coruña, que abre as súas portas o 16 de decembro

Publicada o

Por editor

O vindeiro sábado 16 de febreiro abre o MAHI, o Museo da Automoción e Historia da Coruña. O MAHI é un proxecto cultural de marcado carácter pedagóxico, realizado pola Fundación Jorge Jove, que mostra ao público o resultado do traballo realizado durante máis de catro décadas de selección, restauración e análise de pezas históricas

Situado no Polígono de Sabón (Avenida da Praia 460), conta con 15.000 metros cadrados de espazo expositivo, poderá contemplar máis de 300 vehículos e varios centenares de pezas de valor histórico distribuídas en diferentes salas tematizadas que exploran a historia da automoción e a súa relación coa música, a literatura, o arte, o deporte, a economía e o cine.

A primeira sala está adicada a Hispano Suiza y Pegaso, e os seus primeiros motores. Con música o museo mergullaranos na historia da mecanización agraria, lembrando tamén a varios alegos que deixaron a súa pegada no deporte do motor.

”O museo non só é un espazo expositivo, senón tamén educativo con talleres para todas as edades, biblioteca e aula de formación ao alcance non só de alumnos senón tamén de investigadores universitarios que poderán contar con pezas únicas dentro da exposición”, sinalan dende a Fundación.

MAHI, el Museo de Automoción e Historia

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

Seleccionado un proxecto sobre o cancro da investigadora da UDC Elena Pazos polo CICA

A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here