InicioECONOMÍAO Parlamento galego pide solucións para os traballadores de Alu Ibérica na...

O Parlamento galego pide solucións para os traballadores de Alu Ibérica na Coruña

Publicada o

Por editor

A Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento de Galicia aprobou este xoves unha proposición non de lei instando á Xunta a que se dirixa ao Goberno central para solicitar unha “transición xusta” para As Pontes de García Rodríguez ante o “peche imposto” da central térmica da localidade.

Pola súa banda, tamén foi aprobada por unanimidade unha iniciativa do BNG para reclamar á Xunta que se implique na procura dunha solución para a recolocación do persoal de Alu Ibérica, na Coruña.

A deputada nacionalista Mercedes Queixas Zas defendeu esta proposición non de lei, pedindo un foro estable de entendemento e traslado de información entre os diferentes gobernos, a nova propietaria dos terreos da antiga Alcoa e os representantes do persoal para a recolocación dos empregados.

ÚLTIMAS

Interceptan a un vehículo en Monelos que se deu á fuga tras protagonizar un atropelo

A Policía Local interceptou este martes en Monelos a un vehículo na Coruña tras...

O TSXG confirma a sanción de case 200.000 euros a Prezero pola crise do lixo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Noveno día de paro dos autobuses na Coruña sen avances e coa ameaza de folga indefinida no ar

O persoal do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña rexistrou unha...

Sete detidos nun operativo contra o narcotráfico na Coruña e o Salnés

Axentes da Policía Nacional, a Garda Civil e do Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA)...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here