InicioBARRIOSPiden á corporación que execute os acordos plenarios e non aprobe a...

Piden á corporación que execute os acordos plenarios e non aprobe a construción de 56 vivendas na Maestranza-Campo da Estrada

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A política urbanística do goberno socialista da Coruña continúa dando mostras da súa intencións. Casos como o das urbanizacións de San Amaro-Orillamar, a de San de Visma ou das Percebeiras demostran que non temos superado os anos 90 nesta materia.

Así o entende Ricardo Vales, presidente de Defensa do Común, que xa ten denunciado nestas liñas a urbanización que se prevé instalar nas parcelas esquecidas entre a Maestranza e o Campo da Estrada (vexan como era hai un século en #Olladasdoutrotempo).

Neste caso, e debido a que o pleno municipal do próximo xoves, 14 de decembro, inclúe na súa orde do día a aprobación do estudo de detalle da parcela 2 que ten o Ministerio de Defensa no Campo da Estrada-Maestranza, e que permitiría á construtora Lipromo a construción de 56 vivendas, a entidade pide á corporación que defenda os intereses da cidadaía e non aprobe este punto.

Lembra a entidade que estamos ante outra consecuencia da irresponsable construción do porto exterior da Coruña, que permite que a Autoridade Portuaria esixa o pago desa débeda obrigando ao concello a obviar as necesidades da cidade, permitindo urbanizar parcelas como estas ou a da rúa Adelaida Muro, ou especular con espazos como o antigo cárcere provincial.

Defensa do Común lembra que estes casos xa foron debatidos en varios plenos nos que se aprobaron unha serie de mocións, en varios casos á iniciativa da propia entidade, para facer fronte a eses problemas, “pero o goberno municipal négase a executar eses acordos plenarios, non defendendo os intereses da Coruña e cedendo ante as presións das distintas administracións do Estado que só pretenden facer caixa a conta da Coruña”, lamenta a entidade.

Periplo histórico

Volve ao pleno do 11 de abril de 2016 cando o pleno aprobaba, sen ningún voto en contra, unha moción que tiña estes acordos: “esixencia de paralización da poxa; devolución gratuíta ao concello desas parcelas; instar ao goberno municipal a que tome as medidas necesarias para a modificación puntual do Plan Xeral de Urbanismo”.

Lembrou tamén unha consulta popular organizada os días 18,19 e 20 de maio de 2018, organizada por Defensa do Común deixaba claro que a cidadanía (o 97% das 449 persoas con DNI residentes na Cidade Vella) aprobaba o aproveitamento das parcelas da Maestranza-Campo da Estrada para “zona verde e equipamentos públicos”.

Ese mesmo 2018, o 11 de xuño, o Pleno aprobaba outra moción cos seguintes acordos: “Instar o Goberno de España a estabelecer unha mesa de negociación co Concello da Coruña, segundo o acordo aprobado na Comisión de Defensa do Congreso dos Deputados na súa sesión de 27 de xuño de 2017 [co voto a favor do deputado coruñés polo PSOE, Ricardo García Mira]: O Congreso dos Deputados insta o Goberno a establecer unha negociación entre o Ministerio de Defensa e o Concello da Coruña para estudar o traspaso ao Consello da Coruña das parcelas referidas, facilitando así desde do Ministerio de Defensa a devolución gratuíta ao Concello da Coruña dos terreos e parcelas referidas – sitas no Campo da Estrada – para o seu uso público, xa que son espazos comunais, bens propios, pertencentes á cidade desde a súa fundación”.Este pleno lembraba as raíces históricas desta reivindicación que quere recuperar esta zona para o uso da cidadanía.

Aínda o 7 de novembro de 2019, o Pleno aprobaba outra moción, sen ningún voto en contra, para “instar ao Goberno Municipal para que no prazo máis breve posible se realicen as modificacións correspondentes da ordenación urbanística na zona do Campo da Estrada e da rúa Adelaida Muro para que os terreos sexan destinados a zona verde e equipamentos públicos”, esixindo a devolución gratuita ou cesións dos terreos.

Así, con este repaso histórico, Defensa do Común pide que “Se a Corporación Municipal é a expresión da vontade popular, tendo en conta as mocións reiteradamente aprobadas e a opinión da veciñanza, o Pleno do 14 de decembro non pode autorizar a edificación de 56 vivendas nunha das parcelas do Campo da Estrada, e debería reiterar a petición de esixir ao Ministerio de Defensa a devolución gratuíta das parcelas e acabar cunha política urbanística especulativa, que non pretende outra cousa que facer caixa a conta da Coruña”.

Novas relacionadas

A veciñanza arrinca a loita contra a urbanización de San Amaro – Orillamar sinalizando a Fonte do Picho

 

 

Aprobada a licenza para urbanizar a última parcela de Náutica

 

https://xn--xornaldacorua-tkb.gal/2023/10/28/olladas-doutro-tempo-o-campo-da-estrada-e-o-aviador/

ÚLTIMAS

A Cidade Vella da Coruña é o barrio menos rendible de todas as cidades galegas

A Cidade Vella da Coruña é o barrio menos rendible de todas as cidades...

O deporte, unha fonte de LGTBIfobia

● O 66% das persoas enquisadas por ADI manifestaron sentirse discriminadas algunha vez na...

O vindeiro sábado 4 de maio, día de portas abertas nos Museos

Coincidindo co Día da Ciencia a Rúa en santa Margarida, poderemos dusfrutar da Xornada...

A Coruña acolle as mobilizacións centrais polo 1 de maio co foco na demanda de mellores salarios

A Coruña acolle os actos centrais dos sindicatos este 1 de maio, Día Internacional...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here