InicioCULTURANace a Asociación Pro-Fundación Manoel Vello para canalizar iniciativas cidadás de fomento...

Nace a Asociación Pro-Fundación Manoel Vello para canalizar iniciativas cidadás de fomento do galego

Publicada o

Por editor

Nace na Coruña a Asociación Pro-Fundación Manoel Vello. Xusto un ano despois do pasamento de  deste activista referente na promoción do uso no galego, a entidade está concibida como unha ferramenta capaz de impulsar iniciativas de fomento do uso da nosa lingua en todos os ámbitos da sociedade do país, así como da conservación do patrimonio histórico-cultural.

E se ben esta asociación comeza a súa andaina coa elaboración de proxectos tanto propios como en colaboración con colectivos ou particulares, o seu verdadeiro obxectivo é o de converterse nun futuro próximo nunha fundación co mesmo nome. O cometido desta fundación será pois, o de ofrecerlle á sociedade galega unha ferramenta capaz de subvencionar iniciativas ambiciosas e transformadoras que poidan deixar unha pegada visible no país no eido lingüístico. Para tal fin pretende contar coa colaboración económica tanto das administracións como do tecido empresarial galego implicado mesmamente na conservación do patrimonio material e inmaterial do país.

Xa desde o verán, esta asociación conta coa páxina web www.manoelvello.gal, na que expón tanto os seus obxectivos como os seus valores “na consecución dunha cidadanía vertebrada e madura, capaz de decidir por si mesma en que tipo de sociedade quere vivir, e que proxectos quere levar a cabo”, indican os impulsores. Para iso a Asociación Pro-Fundación Manoel Vello considera que todos os talentos son necesarios para determinar en que dirección quere ir. “É dicir, poder decidirmos por nós mesmos que tipo de servizos queremos deseñar, e a que necesidades lles queremos dar prioridade”, sinalan.

Por iso, anuncian a presentación dunha ferramenta innovadora para unha sociedade do século XXI, baseada na colaboración entre os seus cidadáns e que vai encamiñada a empregar a sinerxía como xeito de traballo.

AUMENTAR OS GALEGOFALANTES

Unha das prioridades desta fundación será o que aumentar o número total de galegofalantes activos, é dicir, persoas con capacidade comunicativa real e con predisposición positiva a empregar a lingua autóctona de Galicia sen esforzos e sen condicionantes sociais. “Unha porcentaxe moi importante da poboación galega estaría disposta a dar o salto a expresarse na nosa lingua con máis frecuencia, elixir o galego como primeira opción de comunicación, ou mesmo contestar en galego, se se sentise máis segura coa lingua e se o entorno social lle dese máis opcións a empregalo”, engaden.

Por outra parte, a entidade tamén destaca a necisidade de atender aos novos galegos. “Estamos a falar dunha poboación que crece sen raíces galegas, maioritariamente en ámbitos urbanos, e que está desprovista de elementos de identificación á nosa cultura. É labor de todos nós cubrir este baleiro cultural para que poidan sentirse orgullosos da nosa lingua, e para que a fagan tamén súa”, conclúe.

ÚLTIMAS

Alegría no Martinete pola licitación do derrubamento do “mamotreto”

Case 15 anos leva este esqueleto ocupando medio barrio do Martinete, e xerando problemas...

A área coruñesa contará este verán 2024 con 20 praias, 4 portos e 2 Centros con Bandeira Azul

Vén de anunciar a Asociación de educación ambiental e do consumidor (ADEAC), as praias,...

Siareiros de todo o país únense pola oficialidade da Selección Galega

Un grupo de siareiros de equipos de todo o país, veñen de unir forzas...

Cinco institutos coruñeses superan o límite legal de dióxido de carbono da OMS

Un estudo realizado por Ecoloxistas en Acción en 15 contornas escolares da cidade da Coruña arroxa...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here