InicioMOV. SOCIAISTraballador@s do 061: “Non traballamos con paquetes”

Traballador@s do 061: “Non traballamos con paquetes”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A semana pasada denunciamos o caso de dous anciáns que foron ciscados na rúa en plena noite por unha ambulancia. Unha situación calificada pola filla da parella como “un claro caso de violación dos dereitos humanos e abandono na rúa de dúas persoas maiores e dependentes”, provocado polo “protocolo do servizo privatizado de ambulancias pero a cargo do Sergas”.

A gravidade extrema da situación fai necesaria facer unha reflexión deste traballo, tanto da Rede de Transporte Sanitario Urxente ou como do non urxente. Unha das frases que moitas veces se recordan os propios profesionais é “non traballamos con paquetes”, tendo que lembrar a “deshumanización que está sufrindo este servizo da sanidade pública”.

Porque a privatización deste servizo básico permite que haia xente sen vocación ao volante dunha ambulancia. “Se o que queres é conducir, vaite a Amazon”, lémbranlle os veteranos cando algunha persoa máis nova chega a buscar o traballo.

Ante a situación concreta dos anciáns do Burgo ciscados na rúa porque o Centro de Día onde foron recollidos estaba xa pechado á hora da alta (os malditos protocolos esixen que os técnicos deixen ao paciente no mesmo punto que o recolleron), veteranos do servizo consideran que “hai que buscar solucións, tanto polos técnicos como polos coordinadores, e mesmo no último caso levalo de volta ao Hospital”.

Veremos se este exemplo serve para termos un pouco máis de coidado coas persoas maiores e dependentes.

Dous anciáns de 90 anos, ciscados na rúa en plena noite por unha Ambulancia

ÚLTIMAS

A creadora de contido @afropoderossa denuncia un acto de racismo na Pelícano

A Coruña, cidade onde ninguén é forasteiro, en pleno século XXI. Onde aínda pasan...

Ratifican 23 anos de cadea para un hostaleiro por agresión sexual a dúas empregadas na Coruña

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza da sección sexta...

Nova multitudinaria manifestación na Coruña trala xornada de folga xeral por Palestina

Valoración máis que positiva da xornada de folga xeral e das mobilizacións deste 15...

Recluída na enfermaría da cadea de Teixeiro a investigada pola morte dunha anciá na Coruña

Remedios Sánchez Sánchez, investigada por homicidio tras a localización sen vida do corpo dunha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here