InicioA CORUÑAUn informe revela que na Coruña catro de cada dez condutores incumpren...

Un informe revela que na Coruña catro de cada dez condutores incumpren os límites de velocidade

Publicada o

Por europapress

Catro de cada dez condutores incumpren os límites de velocidade na cidade, segundo expuxo a alcaldesa, Inés Rey, que fixo balance este mércores dos datos correspondentes aos radares pedagóxicos habilitados polo concello.

En base a estas cifras, a rexedora fixo un chamamento a cumprir a normativa. “O obxectivo non é a sanción, é a concienciación”, sinalou despois de que datos recolleitos polo Centro Integral de Mobilidade nos paneis pedagóxicos habilitados na cidade reflectisen máximos de 122 quilómetros por hora en lugares limitados a 50.

“Son radares que teñen unha función disuasoria”, lembrou Inés Rey ao precisar que “non sancionan aos e as conducotras de vehículos, pero son necesarios para concienciar á cidadanía sobre a importancia de reducir a velocidade nas vías interurbanas”.

Este ano entraron en funcionamento dez radares pedagóxicos na Coruña. Tres dos dispositivos están situados en avenidas ou rúas onde o paso de vehículos é intenso e habitual, en enclaves onde está definida unha velocidade máxima de 50 quilómetros por hora como son as avenidas de Alfonso Molina, Pedro Barrié da Maza e A Habana. Hai outro sete radares preto de centros educativos.

PLAN DE LA TORRE DE HÉRCULES

Noutra orde de cousas, a alcaldesa, Inés ReY, informou da aprobación, na Xunta de Goberno local, do inicio da avaliación ambiental estratéxica para tramitar o plan especial de protección e reforma interior da Torre de Hércules.

Trátase dunha iniciativa necesaria para a ordenación e protección do parque da Torre e a súa contorna. “O deseño urbanístico deste espazo é anterior ao ano 2009 cando a Torre foi declarada Patrimonio Mundial pola Unesco, unha declaración que supuxo un importante condicionante para os plans urbanísticos previos que temos a intención e a obrigación de modificar para manter o monumento como un referente que é”.

 

 

 

 

 

 

ÚLTIMAS

Problemas cun veciño, orixe dos disparos a un edificio efectuados por un home na Agra do Orzán

As desavinzas cun veciño están detrás dos feitos ocorridos o sábado na cidade da...

Retencións á entrada da Coruña tras un accidente múltiple cunha ferida leve

Un accidente múltiple, con cinco coches implicados e unha muller ferida leve causou retencións...

Annie Leibovitz, do rocanrol á intimidade pasando polo país das marabillas

Fai uns días fun coas miñas amigas do traballo á visita guiada da exposición...

A Agra ríe por resistencia

O programa "Agra no Ágora" arrinca este 2026 co Festival pola Paz e contra...