InicioBARRIOSFinde de cervexa e foliada en Azcárraga polo San Patricio

Finde de cervexa e foliada en Azcárraga polo San Patricio

Publicada o

Por Redacción

A praza de Azcárraga, na Cidade Vella, será o epicentro das celebracións de San Patricio. Así o presentaron esta pasada noite de xoves na Fundación Luis Seoane.

Entre este venres 13 e o domingo 15 haberá diferentes actividades na praza de Azcárraga, incluíndo actuacións musicais, concurso de tiraxe de cervexa, un curso de cultura da cervexa e sorteos.

San Patricio en Azcarraga
Durante a fin de semana tamén haberá propostas gastronómicas, reparto de gorros de San Patricio e distintas variedades de cervexas irlandesas.
Este venres arrincarán as actuacións musicais en Azcárraga con Maghúa (19.30 horas) e Son d’aquí (20.30 horas). Haberá tamén unha actuación sorpresa para pechar a noite.
O sábado 14 actuarán Os Viqueiras ás 13.30 horas. Xa pola tarde, ás 19.30, será a quenda de Os Gaiteiriños, aos que seguirán Donaire (21.00) e As Bestas (22.30).
O domingo pecharase este evento coa actuación de Folerpas ás 13.30 horas.

A xornada sabatina complétase coa Foliada Libre no Fiandón,  a carón do Campo da Leña, coas Pandeireperras.

Foliada Libre no Fiandon

Maghúa celebra 20 anos de música: “Seguimos fieis á raíz”

ÚLTIMAS

Lembran os 25 anos do derrubamento do Asilo de Adelaida Muro, cando a especulación venceu ás necesidades sociais

Fai 25 anos que se derrubaba o Asilo de Anciáns de Adelaida Muro. Un...

DdC considera que o fallo sobre a urbanización da Maestranza do TSXG contradí os preceptos do TS

Coñeciamos onte que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimaba o recurso interposto...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio na Coruña: O Martinete e San Cristovo das Viñas

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón, do Ventorrillo e...

As 10 rutas de Samaín que fan barrio na Coruña: O Ventorrillo e a Praza do Comercio

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón e de Monte...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here