InicioBARRIOS: Que significa Orzán?

[Vídeo]: Que significa Orzán?

Publicada o

Por editor
  • “Orzán” podería significar ‘auga que flúe’.

A Real Academia Galega ofrece na súa canle de Youtube unha nova tempada da serie audiovisual O Seminario de Onomástica responde, na que académicos e académicas e mais filólogos da RAG explican a orixe e o significado de distintos topónimos do país.

Desta volta é o filólogo da RAG Iván Méndez o que pisa a area do Orzán para profundar na historia destoutro nome da terra tan singular e vencellado á cidade da Coruña. O Orzán dálle nome en realidade a toda a enseada, tamén coñecida como Mar do Orzán, limitada por un extremo pola torre de Hércules e polo outro polo monte de San Pedro, identificado no mundo mariñeiro como monte da Penaboa ou simplemente como A Penaboa.

Derivados deste nome son outros topónimos antigos como A Cancela do Orzán ou O Curro do Orzán, este último xa perdido; o da rúa do Orzán, que naceu coa construción na zona dunha serie de vivendas dende finais do século XVII; e o da Agra do Orzán, un dos barrios máis populosos da cidade da Coruña, que ata mediados do século XX era un inmenso terro de cultivo. “De aí o nome de agra, cuxa orientación era cara ao mar do Orzán, que se vía desde alí”, explica Iván Méndez.

Tras repasar as distintas hipóteses sobre o seu significado, dende o padre Sarmiento ata Uxío Carré Aldao, o filólogo apunta que a que se considera máis sólida é a do lingüista Edelmiro Bascuas, quen ligou o Orzán con Orza, afluente do Deva. Coma o nome do río, o lingüista sostiña que Orzán procede dunha raíz *Er-w, cuns temas Ortia ou Ortium que poden significar ‘auga que flúe’, neste caso do mar. “Antigamente toda a zona da Pescaría era unha illa e o mar do Orzán pasaba entre ela. Polo tanto, esa hipótese de ‘auga que flúe’ veríase referendada por esa situación. Consideramos que esta tese pode explicar moi ben a orixe deste topónimo tan propio da cidade da Coruña”, conclúe Iván Méndez.

Máis novas

#AquíTaménSeFala: Nova campaña de dinamización da lingua dende o IES Rafael Dieste e a Universidade Laboral

A Real Academia Galega inaugura na Rede o Ano Luísa Villalta

ÚLTIMAS

Ferido grave un mozo de 25 anos tras un atropelo na Coruña

Un mozo de 25 anos resultou ferido tras sufrir un atropelo grave na Coruña....

As razóns dos traballadoras da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here