InicioMOV. SOCIAISFormar mestres para converter as aulas en centros de transformación social

Formar mestres para converter as aulas en centros de transformación social

Publicada o

Por editor

O proxecto Globo da ONG de Solidariedade Internacional de Galicia arrinca a terceira edición do programa formativo dirixido ao profesorado. “A educación para a cidadania global como ferramenta socioeducativa” é un proxecto homologable pola Consellería de Educación, que ten por obxectivo achegar coñecementos prácticos para a posta en marcha de procesos de transformación social nas aulas. É dicir, formar ao profesorado para converter as aulas en centros de transformación social.

O novo curso formativo ten por obxectivo ofrecerlles coñecementos teóricos sobre a Educación para a cidadanía global e a Axenda 2030, para poñelos en práctica xunto co seu alumnado.

Microexperiencia de transformación social

Destacan varias experiencias de transformación social promovidas ao abeiro de edicións anteriores desta formación. Na Coruña o alumnado do IES Fernando Wirtz elaborou un protocolo de acollida para acompañar aos e ás compañeiras migrantes que chegan novas ao instituto, mentres que alumnas do CPR Nebrija Torre de Hércules afondaron nos protocolos existentes contra a violencia sexual nas salas de ocio nocturno da cidade.

Inscrición

A formación ten prevista unha duración de 20 horas, sendo 12 presenciais (desenvolveranse durante a xornada do 20 de xaneiro de 2024; e o 8 de marzo de 2024, en horario de tarde). O espazo de desenvolvemento das sesións presenciais será na Escola Galega de Administración Pública de Santiago de Compostela. Podo realizarse a inscrición neste formulario electrónico.

Máis novas

Cambiando os patios escolares para que non reproduzan desigualdades

 

ÚLTIMAS

Cortan o tráfico en Alfonso Molina desde este luns pola montaxe dunha pasarela

Prepáranse, porque vai haber lío na entrada e saída da cidade esta semana. As...

Alerta no río Mero en Cambre ante posibles inundacións

A Xunta mantén activo o Plan Especial de Protección Civil ante o risco de...

Fina Paulos, recoñecida como Mellor Docente de Secundaria de España nos Premios Educa Abanca

O ano pasado xa quedou de segunda, pero este curso a mestra Fina Paulos...

“Como pode divertir ver un animal sufrir”

Este pasado domingo 1 de febreiro, colectivos de todo o estado desenvolveron unha manifestación...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here