Realizaba esta mañá o MEGA, o único museo de España dedicado á cultura da cervexa, unha presentación para a prensa para anunciar a súa reapertura de portas tras un breve parón de Nadal, e para anunciar a programación do primiero semestre do ano.
O espazo museístico, que en 2023 superou as 50.000 visitas (concretamente en 52, obtendo unha puntuación en plataformas como tripadvisor ou Google Bussines de 4,7-4,8) permite disfrutar unha experiencia inmersiva, na que os sentidos cobran vida para vivir todo o proceso de creación da cervexa emblema de todo un país. Das materias primas, da auga, do lúpulo e os cereais, ata a maridaxe, toda unha viaxe pola historia da cervexa. E da familia Rivera, que ten un protagonisto agudizado durante as visitas.
Conexión local
O director do MEGA Alfonso Peres, científico e quixo destacar a “necesaria conexión local” dos espazos museísticos, e máis concretamente do desta Estrella Galicia que fachendea de recoñecer que “a Estrella sen Galicia non sería nada”.
A programación deste semestre aséntase sobre 3 alicerces (a propia cervexa, a gastronomía e a música) e concéntrase en 6 eventos: O Entroido e o Día de San Patricio, os concertos íntimos de destacados grupos e solistas nacionais, e ceas de maridaxe con cociñeiros de recoñecido prestixio; as beercrafts ou sesións de degustación con recoñecidas fábricas de cervexa artesá ou múltiples visitas guiadas.
E en todas, o elemento local, km.0, é protagonista. Se cadra na elección da música si que a casa tira por traer xente doutras zonas do estado, para os eventos como as ceas maridaxe, as catas ou para as beercrafts, a entidade traballa con produtores locais, de entidades como Coruña Cociña ou a xente da Malte, eminencias estatais en materia de cervexa artesanal.
Programa
A primeira cita será o venres 9 de febreiro. O Museo Estrella Galicia acollerá unha sesión lúdica que recuperará o espírito festivo do Entroido.
O segundo MEGA Planazo de 2024 chegará o venres 15 de marzo e será o punto de partida dunha fin de semana chea de celebracións na cidade polo día de San Patricio (17 de marzo). MEGA estará impregnada do máis puro espírito irlandés para sumarse á celebración deste famoso patrón da cervexa en 2024 cunha atención moi especial, a través da figura de James Joyce e o seu ‘Ulysses’, cando se cumpren 102 anos da publicación dun dos as obras máis importantes da historia da literatura.
O venres 5 de abril terá lugar a primeira sesión de #Beercraft, coa alacantina Althia será a protagonista desta experiencia cultural e gastronómica.
A música en directo tamén volverá a MEGA en abril cun cocerto sorpresa.
As entradas pódense reservar a partir desta mañá a través da web oficial do museo mundoestrellagalicia.es.