InicioDEPORTESO Basquet Coruña, a facer historia arroupado pola afección laranxa

O Basquet Coruña, a facer historia arroupado pola afección laranxa

Publicada o

Por editor

No impresionante bus laranxa de Autocares J. Pombo, o Basquet Coruña viaxa a Madrid para facer historia. Este domingo ás 12:30h o wizinkCenter acollerá a segunda edición da Copa Princesa, e o cadro coruñés poderá facerse co seu primeiro título da historia.

O equipo de Diego Epifanio estará arroupado polo Tsunami Laranxa, unha afección que xa agotou as entradas de bus+hotel ofrecidas dende o club. Máis de 500 persoas farán un #Forniño no pavillón mdrileño. “É un éxito que viaxa tanta xente co equipo. Espero que poidamos recompensalos co noso esforzo”, sinalaba o adestrador Diego Epifanio. “O feito de que se poidan desprazar 500 persoas para animar ao Básquet Coruña fala un pouco da madurez do proxecto e da ilusión dos nosos seguidores. Quizais sexa certo que non somos un club que se teña caracterizado por mover moita xente, aínda que creo que o ano pasado houbo varias viaxes como Torrelavega ou Ourense que axudaron moito ao equipo e que tamén crearon unha unión de afeccionados moi importante e bonita.

Así e todo, o equipo vive a presión. “Esperemos que non nos afecte. Temos que intentar buscar o equilibrio, que se fale moito do Básquet Coruña e iso quere dicir que temos unha rutina diferente durante a semana, que hai que ir a máis medios, que os medios nos presten máis atención, que hai son máis fotos, que haxa máis entrevistas… Creo que iso é bo para o club porque canta máis notoriedade teñamos na cidade e máis repercusión nos medios sempre será moito mellor para un dos obxectivos que o club ten, que é que canta máis xente veña ao club.pavillón, mellor. Ademais, penso que o feito de que a prensa teña tanta accesibilidade ao equipo tamén fai que a nosa afección vexa o outro lado das persoas que forman parte do vestiario, que vexan como se expresan os xogadores, o que senten ou que pensan. Creo que está ben, pero hai que ser capaces de xestionalo ben e dedicarlle tempo para que non lle quite tempo a preparar o partido e concentrarnos no obxectivo, que é gañar o próximo partido”.

Barrueta no partido do ano pasado ante Estudiantes en Riazor
Barrueta no partido do ano pasado ante Estudiantes en Riazor

O cadro laranxa xa sabe o que é gañar en Madrid ante o líder da competición doméstica , pois o pasado 20 de decembro vencía por 76-78, e este domingo intentará volver dar a sorpresa. ”Creo que a clave vai estar en controlar as perdas de balón, en controlar os erros individuais, en intentar evitar que marquen con facilidade e, sobre todo, creo que a clave está en controlar as emocións. Entre todo iso, se engades cada un deses aspectos, iso é o que nos axudará a competir mellor e a afrontar o partido con máis garantías”, explicana Epi.

“A posible celebración é o único que non me preocupa. De todas as cousas da viaxe a Madrid, é o único que non me preocupa, porque se hai que celebralo, seguro que os xogadores, o club e a afección estarán á altura. Preocúpanme moitas outras cousas, pero se hai algo que celebrar, seguro que o celebraremos debidamente”.

Tsunami Laranxa 2 Caballos

ÚLTIMAS

O centro da Coruña, totalmente limpo, mentres que Os Rosales-Labañou a recollida é do 5%

O lixo acumulado nas rúas da Coruña diminúe nunha nova xornada con colectores incendiados en...

Xa temos cartel do Festival Noroeste 2024

Este venres preséntase o programa completo da 37ª edición do Festival Noroeste. Como sempre,...

Así está a porcentaxe de limpeza do teu barrio

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta fixo onte balance estado actual da...

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

O Concello contrataba na tarde de onte á empresa Valoriza a recollida de lixo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here