InicioCULTURAA cociña coruñesa triunfa en Madrid Fusión

A cociña coruñesa triunfa en Madrid Fusión

Publicada o

Por editor

A Coruña está moi presente potencial gastronómico en Madrid Fusión, a feira internacional de gastronomía que ten lugar
en IFEMA Madrid. Desde hoxe e ata este mércores, a cociña coruñesa é a protagonista indiscutible da gastronomía atlántica grazas a pratos de vangarda elaborados polos cociñeiros locais Manuel Triay, da Taberna Triay, e de Sheila Barbeito, do restaurante Roots Coruña.

Este luns arrancou cun almorzo doce que deu paso a unha sesión vermú onde se puideron degustar queixos Cagiao aderezados con produtos de Acastrexa, empanada de La Empanada Viajera e vermú ecolóxico Lodeiros.

Programación para este martes

Hoxe, martes, ademais do showcooking dA Artesa da Moza Crecha, de Betanzos, da man da Deputación, a xornada arrancará cun almorzo con chocolate de Chocolate Express e bica de Amasarte. Tamén será posible gozar dunha sesión vermú con empanada de chicharróns, queixo de Arzúa e cebola caramelizada de Casa Pardo; sardiña picante con marmelada de tomate de Conservas vexetais Amieiro, patacas fritidas de Bonilla a la Vista e vermú ecolóxico Lodeiros.

O prato forte deste martes será a Ruta da Tapa, onde o público poderá degustar chulas de cocido e queixo galego elaborados por Manuel Triay así como callos á galega por Sheila Barbeito. Todo isto, acompañados de pan Amasarte e viños Pagos de Brigante.
Pola tarde volverá o momento doce con Amasarte, infusións Orballo e cremas Lenatt; deixando para o final petiscos de bonitos de conservas coruñesas La Pureza macerados con viños Adegas Bordel.
O resto de xornadas de Madrid Fusión completaranse con produtos da Lonxa da Coruña, carne de Pío do Saleiro ou produtos ecolóxicos. Tampouco faltarán obradoiros de tapas ou cata de viños.

ÚLTIMAS

Investigan como morte violenta o falecemento dun home cunha ferida de arma branca na Coruña

Un home faleceu este mediodía na Coruña por unha ferida de arma branca no...

PP, Sumar e Podemos Coruña esixen explicacións á crise aberta no Goberno local da Coruña

A dimisión de onte da concelleira de Mobilidade e Infraestruturas Noemí Díaz, sumada á...

O alumnado do IES Salvador de Madariaga mergullouse na crúa realidade do franquismo con Agareso

Nestes tempos convulsos nos que parece que ser revolucionario é ser de extrema dereita,...

A Xunta adxudica por máis de 321.000 euros a redacción do proxecto da nova fase do CHUAC

A Xunta adxudicou por un importe de 321.395 euros a redacción do proxecto básico...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here